main content

main content
17/03/201709:03
Cartel da xornada.
Santiago de Compostela

Máis de trinta profesionais da Administración autonómica, local e estatal abordarán os retos da dixitalización o 23 e o 24 de marzo en Santiago

  • O II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica está dirixido a empregados do sector público
  • Os interesados en asistir poden formalizar a súa inscrición a través dos portais da Amtega e de Eido Local
  • Profesionais do ámbito TIC, letrados e profesionais de concellos, deputacións, administración autonómica e do Estado analizarán o impacto das leis 39/2015 e 40/2015
  • As xornadas contarán cun showroom de servizos dixitais no que os asistentes poderán coñecer as últimas solucións que as administracións teñen á súa disposición

 

Os días 23 e 24 de marzo o Edifico CINC da Cidade da Cultura acollerá o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: "Un compromiso conxunto cara aos cidadáns". Organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e co Consello Superior de Letrados e Avogados de Comunidades Autónomas. Este foro busca analizar o impacto e os retos do novo marco normativo en materia de Administración Electrónica (leis 39/2015 e 40/2015) no funcionamento das Administracións Públicas.

Con este obxectivo máis de 30 profesionais do ámbito tecnolóxico, xurídico e de distintos departamentos das administracións autonómica, estatal e local abordarán cuestións como as novidades normativas neste eido, a cooperación administrativa para avanzar na dixitalización, as notificacións electrónicas, o arquivo electrónico ou a transparencia na Administración.

Serán en total sete mesas de debate en dúas xornadas nas que tamén se analizarán as liñas de colaboración entre as distintas administracións para unir esforzos no desenvolvemento da Administración Electrónica.

Espazo de exposición

Ademais das mesas de debate, o Encontro contará cun espazo para difundir os servizos dixitais que teñen á súa disposición os cidadáns. Nos diferentes stands persoal da Amtega e das deputacións explicarán e poderán dar de alta en diferentes servizos aos interesados en incorporarse ao uso da Administración dixital.

Inscrición e programa

A inscrición, que é de balde, pode formalizarse a través dos portais da Amtega e de Eido Local, onde tamén está publicado o programa das xornadas. As xornadas están dirixidas a profesionais do sector público.

Plan de Administración e Goberno Dixital 2020

O Encontro enmárcase dentro das actuacións do Plan de Goberno Dixital 2020 que vén desenvolvendo a Xunta para consolidar unha Administración Dixital e avanzar na coordinación entre as entidades locais, autonómica e estatal para conseguir unha carteira de servizos dixitais de calidade, eficientes e seguros.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS