main content

main content
12/12/201610:12
Nenos falando con Papá Noel por videoconferencia
Santiago de Compostela

A Rede CeMIT conectará a máis de 1.600 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

  • Alumnado de entre 3 e 7 anos de 31 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 12 e 21 de decembro
  • Por noveno ano consecutivo a Rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia

 

Máis de 1.600 alumnos de educación infantil de 31 concellos poderán realizar, entre os días 12 e 21 de decembro, as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Os escolares de Educación Infantil de Arzúa, Bande, Betanzos, Ferrol e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada aula.

Por toda Galicia

Nos seguintes días, ata o 21 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Barreiros, Beariz, Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Marín, Muros, Narón, Ourense, Ortigueira, Oroso, Quiroga, Ribeira, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel. *

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e as persoas con trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 9º aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:

http://cemit.xunta.es/centros.

*Xúntase cadro cos horarios de conexión de cada aula

 

LUNS

12 DECEMBRO

 

10:00

BETANZOS

Pai Menni

10:30

ARZÚA

CEIP Arzúa

11:00

FERROL

Ludy S.G.C.

11:30

BANDE

Escola infantil/CEIP Xoaquin Lourenzo

12:00

PONTES, AS

CEIP Santa María

13:00

PONTES, AS

CEIP Santa María

     
 

MARTES

13 DECEMBRO

 

10:00

NARÓN

CPR JORGE JUAN

10:30

VICEDO, O

CEIP Vicedo

11:00

ARZÚA

CPR Nosa Señora do Rosario

11:30

VICEDO, O

CEIP Vicedo

12:00

FONSAGRADA, A

CEIP Santa María  / Escola Infantil "A Galiña Azul"

     
 

MÉRCORES

14 DECEMBRO

 

10:00

RIBEIRA

Galaxia

10:30

RIBEIRA

Galaxia

11:00

CELANOVA

Colexio Sagrado Corazón

11:30

BANDE

Escola infantil/CEIP Xoaquin Lourenzo

12:00

OURENSE

San Pio X

12:30

OROSO

 CEIP do Camiño Inglés

13:00

OROSO

 CEIP do Camiño Inglés

     
 

XOVES

15 DECEMBRO

 

10:00

VALGA

CRA DE VALGA

10:30

XUNQUEIRA DE AMBÍA

colegio padre crespo

11:00

ORTIGUEIRA

Ceip José Mª Lage

11:30

CELANOVA

Colexio Curros Enríquez

12:00

ORTIGUEIRA

Ceip José Mª Lage

12:30

VALGA

CRA DE VALGA

     
 

VENRES

16 DECEMBRO

 

10:00

CAÑIZA, A

CPI DA CAÑIZA

10:30

BARREIROS

C.E.I.P. San Miguel

11:00

CAÑIZA, A

CEIP DE VALEIXE

11:30

BETANZOS

Guarderia Municipal de Betanzos

12:00

SARREAUS

CEIP de Sarreaus

12:30

SANTA COMBA

CEIP Pepe de Xan Baña

 

 

 

LUNS

19 DECEMBRO

 

10:00

MUROS

EEI de Muros

10:30

ABEGONDO

CEIP San Marcos

11:00

FISTERRA

Mar de Fora e Colexio Sardiñeiro

11:30

VIMIANZO

CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO

12:00

FISTERRA

Colexio Nosa Señora do Carme

12:30

VIMIANZO

CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO

13:00

BEARIZ

C.E.I.P. Beariz

     
 

MARTES

20 DECEMBRO

 

10:00

NARÓN

CEIP PONTE DE XUVIA

10:30

CATOIRA

CPI Progreso

11:00

CERCEDA

CPI O Cruce

11:30

CARBALLEDO

A Barrela

12:00

BARREIROS

C.E.I.P. San Cosme

12:30

CERCEDA

CPI O Cruce

13:00

CARBALLEDO

A Barrela

     
 

MÉRCORES

21 DECEMBRO

 

10:00

VILAGARCÍA

Vagalume

10:30

MARÍN

San Narciso

11:00

QUIROGA

CEIP DE QUIROGA

11:30

CASTRO CALDELAS

Colexio Nuestra Señoa de los Remedios

12:00

VILAGARCÍA

Bata (Asociación de Autismo)

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS