- Os seis proxectos de emprendemento seleccionados formarán parte do Programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia', que inclúe formación, mentoring, axudas, así como un espazo de traballo na Cidade da Cultura
A iniciativa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia', promovida por a Fundación Vodafone España, ten como finalidade apoiar a emprendedores e PEMES de recente creación, cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia.
Nesta primeira convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, o Xurado fallou por unanimidade na selección dos seis mellores proxectos de emprendemento, que son:
- Insulcloud mellora a calidade de vida das persoas con diabetes tratadas con insulina, creando un dispositivo electrónico que se axusta facilmente á pluma de insulina e almacena automaticamente toda información relativa á administración desta: hora e día, dose e tipo de insulina. Evita esquecementos e equivocacións grazas ao sistema de alarmas e avisos dirixidos ao usuario e a calquera outra persoa autorizada por este, aumentando a adherencia ao tratamento.
- Robobo consiste no desenvolvemento dunha ferramenta educativa de alto contido tecnolóxico que facilita a utilización de robots na aula, promovendo a adquisición de competencias básicas (ej: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas) por parte do alumno.
- MyKeeper é un proxecto que integrado dous dispositivos pensados para facilitar a tarefa do coidador de enfermo de Alzheimer ou outras demencias: un sistema de localización integrado nun reloxo/pulseira e un sistema que detecta cando o paciente pretende levantarse da cama, xerando unha alerta ao familiar ou coidador.
- Phottic recupera as historias do mundo a través da fotografía, onde os mozos achegan o coñecemento tecnolóxico e os maiores a historia das imaxes. Atrae o interese da terceira idade, converténdose nun proxecto de alfabetización de maiores.
- PsicoVR é un software desenvolvido para lentes de realidade virtual (RV) e destinado ao tratamento psicolóxico de fobias, tensións ou pánico.
- Xesmar é unha aplicación web que permite mellorar a xestión, organización do traballo e acceso á información no colectivo de mariscadores das confrarías de Galicia.
Os seis proxectos seleccionados poderán beneficiarse de:
- Formación: durante a fase de academia, que terá unha duración de polo menos seis meses, impartiranse sesións de formación sobre modelo e plan de negocio.
- Mentoring: asesoría experta en temas de comunicación, vendas, negocio, e accesibilidade para o desenvolvemento dun plan personalizado para cada proxecto.
- Patrocinio: dotación de 2.000€, outorgada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), para a posta en marcha dos seis proxectos de emprendemento.
- ◦Cheque RRHH: acceso a unha axuda para a formación e contratación dunha persoa con discapacidade que se incorpore ao equipo de traballo dos proxectos seleccionados.
- Un lugar de traballo no espazo ‘Vodafone Connecting for Good' situado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Doutra banda, tamén poderán optar a:
- ◦Axuda de 25.000 euros, outorgada por GAIN, e préstamo participativo ata un máximo de 25.000 euros, outorgado a través de XesGalicia, ao seleccionado como mellor dos seis proxectos, para a súa execución e posta en marcha.
- ◦Premio “Conectados pola Accesibilidade” cunha dotación de 10.000€ ao proxecto que mellor incorporase os principios de accesibilidade universal.
Cada gañador recibirá ademais outros apoios de difusión e presenza institucional.
O xurado formado por membros de AMTEGA, GAIN, IGAPE, VODAFONE e FUNDACIÓN VODAFONE valorou o carácter innovador dos proxectos, o público obxectivo, o equipo que o compón, así como a súa viabilidade e accesibilidade.
Tras a publicación desta resolución provisional, ábrese o prazo de 5 días hábiles para que os participantes poidan formular alegacións ás puntuacións obtidas, tras o transcurso do cal se resolverán e publicarase definitivamente a selección.