main content

main content
07/11/202419:11
CIBER.gal.
Santiago de Compostela

Rueda destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

  • Lembra aos máis cativos a importancia de “concienciarse de que as novas tecnoloxías son grandes oportunidades pero tamén son ameazas”
  • Salienta o compromiso da Xunta en favor da protección de datos e da divulgación sobre os riscos que entraña navegar na Rede, a través de impulso de iniciativas como o Nodo CIBER.gal

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da concienciación dixital na sociedade para crear unha Galicia máis conectada, á vangarda e segura.

Así o salientou durante a súa participación na final do concurso Ciberseguridade no cole, no marco do IV Encontro CIBER.gal que se celebra estes días na Cidade da Cultura, e onde mantivo unha charla co alumnado finalista. Neste sentido, destacou que nunha sociedade cada vez máis conectada, resulta fundamental que a cidadanía, tanto nenos como adultos, coñeza os perigos asociados ao uso de tecnoloxías dixitais. A este respecto, manifestou o compromiso da Xunta en favor da protección de datos e da divulgación sobre os riscos que entraña navegar na Rede.

“Sempre se di que sodes a xeración dixital e polo tanto hai que concienciarse de que as novas tecnoloxías son grandes oportunidades pero tamén son ameazas. Por iso é importante collades o hábito de ser ciberseguros para evitar moitos problemas e desfrutar moito das novas tecnoloxías, que son fantásticas”, asegurou.

Neste sentido, o presidente da Xunta resaltou a importancia deste tipo de iniciativas para que os nenos e nenas coñezan canto antes como usar as pantallas con responsabilidade e, do mesmo xeito, poidan descubrir tamén posibles saídas laborais relacionadas co ámbito da ciberseguridade, cada vez máis demandado polas empresas.

Así mesmo, recordou a recente publicación por parte da Xunta dunha guía para o uso seguro de internet e redes sociais destinada á comunidade educativa, así como a realización de máis de 250 talleres sobre esta temática en centros educativos de toda Galicia. “Por moita protección que fagamos se non nos botades unha man non vai ser posible, por iso debedes estar atentos e avisar cando notedes algo raro”, sinalou.

Compromiso coa responsabilidade

Durante o acto, o presidente da Xunta lembrou o impulso hai catro anos do Nodo CIBER.gal –impulsado polo Goberno galego en colaboración do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), as catro deputacións provinciais, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para  Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)– como espazo de colaboración público-privado e que conta xa con máis de cincuenta empresas e institucións centradas na protección da información e dos datos.

Así mesmo, fixo referencia ao novo Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense, o cal se espera que estea operativo a principios de 2026, como parte do obxectivo de dotar a Galicia das infraestruturas necesarias para liderar a ciberseguridade no ámbito estatal. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS