main content

main content
02/10/202418:10
Ciberseguridade.
Santiago de Compostela

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia comeza mañá un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade na rede CeMIT

  • Serán un total de 23 sesións dirixidas á cidadanía, que se celebrarán en aulas CeMIT das catro provincias ata o mes de decembro
  • O obxectivo desta formación é sensibilizar sobre aspectos chave no uso seguro da tecnoloxía como a protección de credenciais ou a seguridade nos dispositivos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inicia mañá en Ortigueira as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade previstas para este ano, que se celebrarán ata o mes de decembro en 23 aulas da Rede de Aulas CeMIT.

O programa, que leva por título “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”, ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre a importancia de aspectos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, a desinformación (bulos e noticias falsas) ou protección fronte a ciberataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.

Inscricións

As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese entre as seguintes: Ortigueira, Leiro, Catoira, A Cañiza, Betanzos, Pontevedra, Sada, Cuntis, Vimianzo, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Carballo, Barreiros, Monforte, Riotorto, Fisterra, O Vicedo, Ponteareas, A Coruña-Eirís, Vilagarcía e Guitiriz.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS