main content

main content
03/10/202417:10
Xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade.
San Cibrao das Viñas (Ourense)

A Xunta destaca que a posta en marcha do Centro de Excelencia en Ciberseguridade en Ourense permitirá a Galicia manterse á vangarda no desenvolvemento desta tecnoloxía

  • O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inaugurou hoxe a xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade
  • Destacou que o centro conta cun orzamento de 6,6 millóns de euros, dos que 4,1 millóns corresponden aos orzamentos deste ano
  • Lembrou que neste 2024 se iniciará a posta en marcha dun Centro de Innovación e Competencia no ámbito da ciberseguridade no que participan Galicia, Cataluña e a Comunidade Valenciana

O futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), que terá a súa sede na Tecnópole de Ourense, converterá a provincia nun referente en ciberseguridade e permitirá á Comunidade manter a dianteira na innovación e desenvolvemento desta tecnoloxía. Así o aseguraba esta mañá o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, na inauguración da Xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade.

O responsable da Axencia autonómica sinalou que o CECIGA “conta cun orzamento de 6,6 millóns de euros, dos que 4,1 millóns corresponden aos orzamentos deste ano”.  Lembrou, tamén, que neste 2024 “está previsto que se inicie a posta en marcha do Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa”, unha iniciativa do Programa RETECH cun orzamento de 58 millóns de euros dos que 19 corresponden a Galicia e no que participan, tamén, Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Estas actuacións enmárcanse nunha traxectoria consolidada en materia de ciberseguridade que permitiu a Galicia ser das primeiras comunidades en crear un nodo de colaboración público-privado neste ámbito, CIBER.gal, que conta con máis de 55 entidades integradas; ou dispoñer desde hai máis de cinco anos dun centro de resposta a incidentes de ciberseguridade, o CSIRT.gal. 

O  director da Axencia sinalou que para seguir avanzando nesta liña e poder abordar novos retos é preciso “contar con talento especializado en ciberseguridade”, un perfil que están a demandar o 30% das empresas galegas de dez ou máis empregados.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS