main content

main content
25/09/202412:09
Betanzos

Máis de 400 persoas participaron nos obradoiros itinerantes do “Enredando Tour” organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella

  • O director da Amtega participou hoxe na xornada final en Betanzos onde destacou o crecemento do uso de internet entre as persoas maiores de 65 anos, que rolda o 70%
  • A segunda edición da iniciativa percorreu 20 localidades desde o mes de xullo con actividades especialmente dirixidas ás persoas de 55 anos ou máis
  • O “Enredando Tour” enmárcase nas actuacións da Xunta para achegar a adquisición de competencias dixitais a toda a cidadanía

A iniciativa  “Enredando Tour”, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Cruz Vermella, pechou hoxe a súa segunda edición en Betanzos. Esta xornada final, centrada na banca electrónica, contou coa presenza do director da Amtega, Julián Cerviño; o director provincial de Cruz Vermella na Coruña, Manuel Viqueira; e a presidenta da Asociación Española de Banca, Alejandra Kindelán. 

O responsable da Axencia autonómica destacou o crecemento experimentado en Galicia nos últimos anos no uso de tecnoloxías entre as persoas maiores. Segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), son xa preto dun 70% as persoas maiores de 64 anos que usan internet. Delas, máis da metade utilizan os servizos da banca electrónica e unha porcentaxe similar solicita citas medidas por esta vía. 

Julián Cerviño destacou a importancia da colaboración cos concellos de Galicia para a implantación da rede CeMIT, conformada por 94 aulas repartidas por toda Galicia; e agradeceu a implicación de institucións como a Cruz Vermella en iniciativas como Enredando Tour.

Máis de 400 participantes

Un total de 417 persoas participaron nesta segunda edición de “Enredando Tour”, que comezou o pasado mes de xullo en Noia e percorreu unha vintena de localidades cun programa formativo itinerante, orientado especialmente a persoas de 55 anos ou máis. Esta iniciativa ten como obxectivo promover a capacitación dixital das persoas maiores a través de diversos obradoiros, ferramentas dixitais e contidos especializados.

A furgoneta do Enredando Tour percorreu este ano preto de 1.590 quilómetros e contou co apoio de 35 voluntarios de Cruz Vermella que impartiron obradoiros para mellorar habilidades básicas como aprender a navegar por internet, ter unha conta de correo, enviar mensaxes ou facer videochamadas.

Ademais, nesta edición incorpóranse novos contidos sobre aplicacións que empregan intelixencia artificial e conceptos como a realidade inmersiva e realizáronse sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e á ciberseguridade.

Plan DigiTalent

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten entre os seus obxectivos o de facilitar á cidadanía a adquisición de competencias dixitais e reducir a fenda de acceso aos servizos dixitais por parte dos colectivos máis vulnerables. Estes obxectivos están recollidos no Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, no que se enmarca a actividade da Rede de Aulas CeMIT e esta actuación en colaboración con Cruz Vermella. 

Sobre Cruz Vermella

Cruz Vermella Española, que celebra este ano o seu 160 aniversario, conta con máis de 254.000 persoas voluntarias dan resposta en 1.263 municipios, o que permite atender anualmente a máis de 11,8 millóns de persoas. Todo iso co apoio de 1,3 millóns de persoas socias, empresas e alianzas en todos os sectores da sociedade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS