main content

main content
07/08/202418:08
Edificios de vivendas.
Santiago de Compostela

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa ÚNICO para a mellora da conectividade en edificios

  • O DOG publica hoxe a orde que permitirá a comunidades de propietarios e corporacións locais acceder a axudas de ata 23.800 euros para dotar a edificacións de infraestruturas de radiodifusión, televisión dixital e internet de banda larga ultrarrápida
  • Os requisitos destas axudas están predefinidos polo Goberno do Estado

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas do programa estatal ÚNICO para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios dirixidas a comunidades de propietarios e corporacións locais. As solicitudes, que poderán cubrir o 100% da actuación, poderán ser solicitadas desde mañá e ata o 16 de setembro.

Trátase da segunda convocatoria destas axudas, que terá unha dotación orzamentaria de algo máis de 4 millóns de euros, dos que a metade corresponderán a comunidades de propietarios e a outra metade a corporacións locais galegas que precisen adaptar as instalacións de telecomunicacións no interior de edificios ou conxunto de edificacións da súa propiedade.

Haberá tres liñas de actuación: a primeira cubrirá a instalación completa da infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 680 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 23.800 euros. E a segunda liña refírese á instalación parcial de infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 600 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 21.000 euros.

A terceira liña refírese exclusivamente á infraestrutura de telecomunicacións adaptada para banda larga ultrarrápida. Neste caso, o importe máximo por unidade inmobiliaria será de 485 euros, ata un máximo por proxecto de 16.975 euros.

Galicia abriu o pasado 24 de xullo o prazo da segunda convocatoria para solicitar as axudas para mellorar a conectividade en polígonos industriais e área loxísticas. Anteriormente, o 28 de xuño, abrírase a terceira convocatoria de bonos dixitais para facilitar a familias ou persoas vulnerables a contratación ou o mantemento de servizos de banda larga cunha velocidade mínima de 30Mbps.

Convocatorias 2024

Con estas novas convocatorias a Xunta busca incrementar o numero de beneficiarios das convocatorias de 2022 e 2023. Estas axudas enmárcanse no Programa ÚNICO, cuxos requisitos foron definidos polo Goberno central.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS