main content

main content
29/07/202409:07
Mans tecleando.
Santiago de Compostela

O Observatorio da Sociedade da Información incorpora unha nova ferramenta que simplifica o acceso aos datos estatísticos

  • O portal do Osimga xa dispón dun cadro de mando con Business Intelligence que ofrece a información máis actualizada e completa sobre dixitalización en Galicia
  • Esta nova ferramenta permite personalizar as consultas, acceder ao histórico de datos, xerar gráficas e visualizar mapas sobre a dixitalización por provincias
  • Facilita unha actualización inmediata das estatísticas da sociedade dixital e está aberta a todo o público

O Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, xa conta cunha nova ferramenta que facilita as consultas sobre as estatísticas de dixitalización que publica periodicamente a través de informes e estudos para a avaliar a penetración das tecnoloxías na Comunidade.

Grazas á aplicación de tecnoloxías baseadas en Business Intelligence, os usuarios poderán acceder desde o portal do Osimga a un cadro de mando que permite personalizar as consultas; seleccionar os anos da serie histórica que se desexen visualizar e presentar un ou varios indicadores simultaneamente na mesma gráfica. Tamén permite modificar diferentes características do aspecto das gráficas.

Grazas á versatilidade da nova ferramenta de difusión, as actualizacións dos datos estatísticos da sociedade dixital iranse aplicando de forma inmediata, cando estean dispoñibles. Ademais, o cadro de mando permite a consulta das series históricas antigas, que se irán ampliando ano a ano.

Os datos que conten con desagregación a nivel provincial poden ser visualizados a través de mapas dinámicos integrados no propio cadro de mando.

O novo cadro de mando conta, tamén, cun apartado de resumo dos datos máis destacados e acceso á metodoloxía, fontes de datos e ao proxecto técnico que se aprobou, así como ao plan estatístico anual e á Lei de Estatística de Galicia.

Todas as funcionalidades descritas están xa dispoñibles en Osimga.gal, nun apartado específico na web denominado Cadro de Mando.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS