main content

main content
23/05/202420:05
Impresora 3D.
Santiago de Compostela

A Rede CeMIT incorpora novo material para facilitar a capacitación dixital das persoas con diversidade funcional

  • A Rede engade unha serie de dispositivos como ratos tipo panca, pantallas táctiles ou teclados braille, que poden ser solicitados polas aulas que os precisen
  • Axentes TIC e representantes de asociacións que traballan con este colectivo participaron hoxe nunha xornada formativa para impulsar unha aprendizaxe máis inclusiva nas aulas desta rede pública
  • No encontro entregáronse os premios Axentes TIC que recoñecen o labor de dinamización destes profesionais

Axentes TIC da Rede de aulas CeMIT e representantes de diferentes asociacións que traballan con persoas con diversidade funcional participaron hoxe na xornada A Rede CeMIT derrubando barreiras cara a inclusión dixital, organizada pola Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia (Amtega). O encontro, celebrado no Centro GaiásTech, tiña como obxectivo abordar o enfoque necesario para que o acceso á capacitación dixital das persoas con capacidades diversas sexa o máis efectivo e accesible posible desde esta rede de aulas públicas.

Na xornada participaron o director de Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, e a secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias, Patricia Vilán. Durante o encontro, os axentes TIC tiveron a oportunidade de coñecer o material inclusivo rotatorio recentemente adquirido para a Rede CeMIT e que consiste en pantallas táctiles, ratos tipo panca, controladores de queixo, conmutadores de rato, teclados de alto contraste amplificado, teclados adaptados con liña braille e brazos articulados universais.

Así mesmo, durante a actividade formativa, procedeuse á doazón de diversos obxectos impresos en 3D á Asociación Sarela, que traballa con persoas con dano cerebral adquirido, cos que se busca facilitar as tarefas cotiás de persoas con discapacidade tales como agarrar unha culler, atar as cordas dos zapatos ou extraer a pasta do tubo dentífrico.

Premios Axentes TIC

Durante o transcurso da xornada tamén se fixo entrega dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT, na que se premiaron iniciativas dentro das categorías Espazo Maker e Maiores Dixitais. Estes premios buscan recoñecer o compromiso e o labor do persoal dinamizador da Rede.

Na categoría de Espazo Maker o primeiro premio foi entregado a Ana María Pérez Martínez, axente TIC da aula de Guitiriz, quedando en segundo lugar Víctor Manuel Galdo Gómez, axente TIC da aula de Cuntis. Así mesmo, dentro da categoría de Maiores Dixitais o gañador do primeiro premio foi José Manuel Rego López, axente TIC da aula de Castrelo de Miño, e o segundo premio recaeu en Laura Fernández Álvarez, axente TIC da aula de Celanova.

A Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega, que conta coa colaboración de 90 concellos. Ten entre os seus obxectivos o de promover o uso das tecnoloxías entre a poboación -con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital-, fomentar a formación e amosar as vantaxes da sociedade dixital.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS