main content

main content
09/05/202420:05
Miguel Corgos no II Foro Empresa e Inteligencia Artificial de A Coruña. Imaxe de quincemil.
A Coruña

Galicia será a primeira comunidade autónoma en ter unha lei que regule a intelixencia artificial

  • A Xunta pon en valor o esforzo para sacar adiante unha norma que busca garantir o bo uso desta tecnoloxía
  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou no II Foro Empresa e Inteligencia Artificial de A Coruña

Galicia será a primeira comunidade autónoma en ter unha lei propia que regule a intelixencia artificial (IA). Trátase dunha norma que garantirá o bo uso desta tecnoloxía na Administración, pero tamén protexerá os dereitos da cidadanía e promoverá a súa aplicación por parte tanto da sociedade como do tecido produtivo. O texto está a punto de levarse ao Consello da Xunta para pasar despois ao Parlamento e constituirá a primeira lei rexional europea para o desenvolvemento e implantación da IA na Administración.

Así o puxo de manifesto hoxe o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, no II Foro Empresa e Inteligencia Artificial de A Coruña: La IA es una oportunidad, no un peligro, onde recoñeceu que é preciso ser conscientes dos riscos desta nova tecnoloxía se se aplica sen ningún tipo de control, polo que é prioritario establecer unhas regras básicas que garantan o respecto aos dereitos das persoas.

Porén, Corgos admitiu que tamén é importante atopar un equilibrio entre o control e a liberdade do mercado, para non por freo á innovación, xa que é o único xeito de que a IA poida acadar os obxectivos de mellorar a calidade de vida e o benestar dos cidadáns e, tamén, crear riqueza.

As novas tecnoloxías ao servizo das persoas

Galicia identificou axiña a importancia das tecnoloxías da información e das telecomunicacións, porque achegan ás persoas e os territorios e permiten unha mellor vertebración en comunidades como a galega, con tanta dispersión territorial. Polo que, ben aplicadas, as novas tecnoloxías contribúen a unha maior igualdade de oportunidades.

No caso da IA, Galicia é unha das primeiras comunidades en desenvolvela cunha visión estratéxica, a través da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, que marca a folla de ruta para  orientar a tecnoloxía ao servizo da cidadanía e da xeración de riqueza.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS