main content

main content
03/11/202318:11
Miguel Corgos na apertura da segunda xornada do III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal.
Santiago de Compostela

A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou no III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a importancia da concienciación dixital na sociedade para crear un territorio conectado e seguro.

Así o salientou esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago durante a súa participación na apertura da segunda xornada do III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, ao cal se referiu coma un referente pola súa vocación de chegar a todo tipo de públicos –tanto profesionais do sector como á sociedade–, así como pola súa capacidade para reunir a expertos, patrocinadores e colaboradores de renome. Nesta III edición de CIBER.gal rexistrou máis de 2.800 asistentes, presenciais e en streaming.

Neste sentido, manifestou o compromiso da Xunta de Galicia a favor da protección de datos e da divulgación sobre os perigos que entraña navegar na Rede. Proba disto, é o impulso hai máis de tres anos do Nodo CIBER.gal –impulsado polo Goberno galego en colaboración do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), as catro deputacións provinciais, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)– como espazo de colaboración público-privado e no cal se inclúen as xornadas destes días no Gaiás.

Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, foi o encargado de clausurar o encontro, no que destacou que a Xunta destinará en 2024 un total de 18 millóns de euros á ciberseguridade, en torno a un 30% máis que en 2023. O responsable da Axencia autonómica subliñou o esforzo da Comunidade para situarse á vangarda nesta tecnoloxía como unha das liñas de actuación da Estratexia Galicia Dixital 2030.

Gañadores do Concurso Ciberseguridade no cole!

Durante o encontro, o conselleiro mantivo un encontro cos finalistas da terceira edición do concurso escolar Ciberseguridade no cole!, un certame enmarcado no CIBER.gal que busca concienciar aos máis pequenos sobre os riscos aos que se enfrontan no uso das tecnoloxías dixitais e ensinarlles boas prácticas en ciberseguridade dun xeito ameno.

Nesta terceira edición resultaron gañadores os centros CPR Plurilingüe San Fermín de Pontevedra (na categoría de Primaria) e o IES de Foz (na categoría de Secundaria). Este ano Ciberseguridade no cole! acadou un récord de participación con máis de 6.600 escolares de 120 centros educativos rexistrados. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS