main content

main content
29/09/202309:09
Cables de conexión de rede.
Santiago de Compostela

Os bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal Único pódense solicitar ata o 15 de novembro

  • As familias beneficiarias recibirán unha axuda mensual de ata 20 euros durante 12 meses para contratar ou mellorar servizos de conexión a internet con banda larga
  • Esta é a segunda convocatoria das axudas e ten unha dotación de 1,34 millóns de euros, dos que poden beneficiarse cerca de 5.600 familias
  • As condicións para a concesión das axudas están establecidas polo Real Decreto 989/2021 aprobado polo Goberno do Estado

O prazo de solicitudes dos bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal Único permanece aberto ata o 15 de novembro. As axudas poden beneficiar a cerca de 5.600 persoas de unidades familiares identificadas como vulnerables, que sexan beneficiarias da RISGA ou do Ingreso Mínimo Vital ou que acrediten ausencia ou déficit grave de recursos económicos.

Os bonos dixitais posibilitan unha minoración mensual de ata 20 euros nas novas contratacións de servizos de internet de banda larga de, cando menos, 30 Mbps, durante un prazo de 12 meses, ata un máximo de 240 euros.

Tamén se poderán empregar os bonos para a mellora da velocidade dos servizos de internet xa contratados polas familias, sempre e cando o servizo actual sexa de menos de 30 Mbps. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 15 de novembro de 2023.

Segunda convocatoria

Esta é a segunda convocatoria destas axudas, que conta cun orzamento de 1,34 millóns de euros, que forman parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea.

O bono social enmárcase no programa Único, que compromete ao Estado a acadar o obxectivo europeo de que o 100 % da poboación teña acceso a servizos de banda larga de polo menos 100 Mbps en 2025.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS