main content

main content
12/09/202317:09
Inauguración do curso.
Santiago de Compostela

A Xunta reforza a formación en competencias dixitais dos empregados públicos

  • O Curso superior de Administración electrónica, promovido pola Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, formará a 70 persoas sobre o desenvolvemento normativo que regula a administración dixital e as súas ferramentas

Esta mañá deu inicio o Curso superior de Administración electrónica, unha actividade deseñada para reforzar a formación en competencias dixitais do persoal empregado público galego.

Este curso, convocado pola Escola Galega de Administración Pública e en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, formará a 70 persoas sobre o desenvolvemento normativo que regula a administración dixital e as súas ferramentas.

O obxectivo é mellorar as competencias dos empregados públicos nesta materia, para que poidan asumir con facilidade novos procedementos de traballo e conseguir unha Administración máis eficiente, transparente e accesible.

Así o expresou a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, durante a inauguración da actividade, na que tamén incidiu no elevado peso que ten a formación en competencias dixitais dentro dos plans formativos da Escola, a cal conta cunha ampla programación nesta área, tanto para o persoal das administracións como para a cidadanía. Neste senso, destacou os e-martes, xornadas de formación práctica presencial dun día de duración sobre as transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da administración electrónica que se convocan de xeito frecuente.

Durante as sete semanas de docencia, o curso superior iniciado hoxe afondará en materias específicas como o réxime xurídico da administración dixital, o funcionamento da sede e o rexistro electrónicos, a seguridade da información, a cooperación interadministrativa, a automatización dos procesos ou a identidade dixital, entre outros. Todos estes contidos contribuirán a mellorar o servizo ofrecido polo persoal empregado público á cidadanía.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS