main content

main content
17/03/202313:03
Ciberseguridade.
Santiago de Compostela

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inicia un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade a través das aulas CeMIT e do GaiásTech

  • Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” estas sesións buscan sensibilizar á cidadanía, especialmente aos maiores, sobre os riscos do mundo dixital e ofrecerlles ferramentas para evitalos
  • O programa de actividades comeza este 28 de marzo e a inscrición pode realizarse desde o portal da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o día 28 de marzo un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade orientado a cidadanía, especialmente ás persoas maiores.

Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” estas sesións buscan non deixar a ninguén atrás en materia de competencias dixitais e ciberseguridade. Desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 17 concellos de toda Galicia e no centro GaiásTech, na Cidade da Cultura.

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de A Cañiza, Fisterra, Ribeira, Leiro, O Barco, Abegondo, Ortigueira, Monforte, Cuntis, Celanova, Cerceda, Tomiño, Ribadeo, Quiroga, A Fonsagrada, Betanzos, Gaiás Tech e Pontevedra.

As xornadas farán foco nos riscos cos que nos podemos atopar na contorna virtual e exporán as medidas para poder previlos, facilitando un uso seguro da tecnoloxía sen abusos.

É a segunda edición deste ciclo, que se enmarca nas actividades do Nodo CIBER.gal para dar cobertura ás necesidades da cidadanía, empresas e administracións públicas en materia de ciberseguridade.

 

Calendario de charlas

Aulas participantes

Datas e horarios

A Cañiza

28 de marzo de 11:00 a 12:00 horas.

Fisterra

30 marzo de 17:00 a 18:30 horas.

Ribeira

3 de abril de 11:30 a 13:00 horas.

Leiro

4 de abril de 11.00 a 12:30 horas.

O Barco

5 de abril de 11:00 a 12:30 horas.

Abegondo

9 de maio de 11:00 a 12.30 horas.

Ortigueira

10 de maio de 11:00 a 12.30 horas.

Monforte

11 de maio de 12.00 a 13.30 horas.

Cuntis

15 de maio de 11:00 a 12:30 horas.

Celanova

16 de maio de 11:00 a 12:30 horas.

Cerceda

19 de maio de 12:30 a 14:00 horas

Tomiño

22 de maio de 11:30 a 13:00 horas

Ribadeo

23 de maio de 11:30 a 13:00 horas

Pontevedra

6 de xuño de 13.30 a 15:00 horas

Quiroga

12 de xuño de 12:30 a 13:30 horas

A Fonsagrada

20 de xuño de 12:00 a 13:00 horas

Betanzos

21 de xuño de 11:00 a 12:00 horas

GaiásTech

4 de maio de 16:00 a 17:30 horas

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 96 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: https://cemit.xunta.es/centros.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS