main content

main content
13/03/202309:03
Captura da nova web.
Santiago de Compostela

A Xunta pon en marcha a iniciativa “Ciberseguridade Galicia” para identificar accións, novas e contidos sobre seguridade da información

  • O portal ciberseguridadegalicia.gal concentra toda a información sobre riscos, boas prácticas e medidas para reaccionar ante ataques informáticos e evitalos
  • No marco desta iniciativa realizaranse 130 obradoiros nos que participarán preto de 4.000 estudantes de 2º, 3º e 4º da ESO
  • O Nodo CIBER.gal porá en marcha un grupo de traballo sobre cidadanía, coa colaboración de empresas e institucións públicas e privadas

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, puxo en marcha a iniciativa “Ciberseguridade Galicia”, cunha imaxe que identificará todas as accións e contidos destinados a mellorar a concienciación e capacitación da sociedade en materia de seguridade dixital.

No marco das medidas destinadas a reforzar a concienciación cidadá na materia, a Axencia autonómica puxo en marcha o portal https://ciberseguridadegalicia.gal. Entre os seus obxectivos atópase o de recompilar datos sobre novos incidentes, avisos e alertas de ciberseguridade e poñelos a disposición das persoas usuarias do portal.

Así mesmo, ofrecerá información de fondo sobre ciberseguridade: Información técnica e práctica, documentación, recursos formativos, vídeos, catálogo de empresas deste ámbito e outros recursos, así como novas sobre ciberseguridade, como informacións de actualidade, accións ou eventos de axenda.

O portal tamén dará difusión ás actividades máis relevantes promovidas polo Centro de resposta a incidentes de seguridade da información da Xunta de Galicia (CSIRT.gal), así como detalles dos servizos que presta.

Este portal púxose en marcha a finais de 2022, como unha máis das actividades desenvolvidas dentro do proxecto de ampliación dos servizos de ciberseguridade ofrecidos pola Xunta, co propósito de estender o seu ámbito de actuación para dar cobertura ás necesidades da cidadanía, empresas e administracións públicas. Os contidos do portal web complementaranse con publicacións sobre ciberseguridade nos perfís de redes sociais da Xunta de Galicia.

Accións dirixidas a escolares e persoas maiores

No marco do reforzo das medidas de concienciación da cidadanía e, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade, realizaranse nos próximos meses 130 obradoiros nos que participarán preto de 4.000 estudantes de 2º, 3º e 4º da ESO. O alumnado recibirá formación práctica sobre como xestionar de xeito seguro os seus dispositivos dixitais e redes sociais, e aprenderá a protexer a información e facer un uso seguro destas ferramentas.

Nesta mesma liña, vaise iniciar a partir do 28 de marzo a segunda edición da formación en ciberseguridade dirixida a persoas maiores, que levará a 19 aulas CeMIT sesións formativas centradas en temas como a xestión de contrasinais, uso do correo electrónico ou navegación segura.

No mes de marzo, o nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal constituirá e porá en marcha outro dos seus grupos de traballo, neste caso o da cidadanía, que contará coa participación e colaboración de case vinte empresas e tamén coa cooperación dos seus socios fundadores, entre os que se atopan o Instituto Nacional de Ciberseguridade.

Por outra banda, todas as novidades do xa consolidado Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, xuntanza de referencia da ciberseguridade en Galicia, publicaranse no novo espazo web https://ciberseguridadegalicia.gal. A próxima edición deste encontro, no mes de novembro, será acollida un ano máis na Cidade da Cultura de Galicia.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS