main content

main content
25/10/202208:10
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

Xa está aberto o prazo de inscrición para a segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, que terá lugar o 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura

  • A inscrición é gratuíta e con prazas limitadas ao aforo para a asistencia presencial
  • As xornadas reúnen a profesionais e entidades de referencia que ofrecerán relatorios específicos para o tecido empresarial, as Administracións Públicas e para toda a sociedade: familias, menores, educadores ou o colectivo senior
  • Unha das novidades deste ano é a celebración de diferentes sorteos entre os asistentes presenciais
  • Ademais, haberá máis actividades complementarias como o Escape Room virtual de ciberseguridade, unha representación teatral sobre o acoso nas redes sociais ou sesións de hacking en directo

Xa está aberto o prazo de inscrición para a segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se celebrará os días 9 e 10 de novembro no Edificio Fontán, da Cidade da Cultura. Durante dúas xornadas e a través de diferentes actividades e relatorios de expertos de referencia, abordarase o estado da ciberseguridade nas empresas, traballadores e cidadáns.

Esta segunda edición de CIBER.gal, organizada polo Nodo Ciber.gal non é un evento só para profesionais/expertos do sector, senón para toda a sociedade: familias, sector educativo, menores, educadores, colectivo senior, profesionais de todos os sectores, con actividades para cada perfil.

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 8 de novembro a través deste enlace https://inscricioncibergal.gaiastech.xunta.gal/gl/index.html tendo en conta que a asistencia presencial está limitada ao aforo do espazo. Ademais, poderán optar por inscribirse nun ou máis bloques de actividades, segundo as súas preferencias ou intereses.

A mañá da primeira xornada centrarase nos retos da ciberseguridade nas administracións públicas mentres que durante a tarde o público obxectivo será o tecido empresarial. A segunda xornada está orientada á cidadanía e afondará na importancia da formación e retención de talento no ámbito da ciberseguridade.

Actividades para todos os públicos

Esta segunda edición do Encontro Ciber.gal ofrecerá novas actividades complementarias para enriquecer o seu programa principal como unha representación teatral sobre o acoso nas redes sociais, da man da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Haberá un relatorio con hacking en directo, e espazos técnicos de exposicións sobre proxectos e ideas de ciberseguridade e a entrega de premios dos diferentes concursos.

Ademais da segunda edición do exitoso concurso de escolares Ciberseguridade no cole!, organizado por Telefónica no marco do Encontro no que participaron preto de 160 equipos e centros educativos de Galicia, Cátedra R e Gradiant organizarán un Capture The Flag, que porá a proba os coñecementos e habilidades dos participantes no eido da ciberseguridade. A Cátedra R tamén apoia a celebración do encontro impartindo un obradoiro sobre o análise forense de imaxes manipuladas.

Outra das novidades é a de actividades específicas dirixidas ao colectivo senior para favorecer a súa confianza no uso de tecnoloxías dixitais, que ven da man de Telefónica para empoderar aos nosos maiores no uso seguro das tecnoloxías. Haberá sorteos e premios entre os asistentes que acudan de xeito presencial ás xornadas.

Este ano apoian a celebración do Encontro entidades pertencentes ao Nodo CIBER.gal, axente que organiza as xornadas, pero tamén outras non vinculadas a este ecosistema como mostra do seu compromiso coa importancia da ciberseguridade a todos os niveis no día a día. Abanca, NTTDATA e Grupo Oesía son patrocinadores estratéxicos do II Encontro CIBER.gal.

Nodo CIBER.gal

O encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal é unha das iniciativas promovidas e organizadas no marco do nodo galego de ciberseguridade, que foi constituído en xullo de 2020, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), as catro deputacións provinciais de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Dende a súa creación fóronse adherindo a este espazo de cooperación público-privado máis de 45 entidades de diversos sectores, entre as que se atopan as tres universidades públicas galegas.

A ciberseguridade é unha das tecnoloxías máis relevantes no momento actual e a Estratexia Galicia Dixital 2030 considera prioritario o seu impulso na Comunidade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS