main content

main content
20/10/202218:10
Mans usando un portátil.
Santiago de Compostela

A Xunta destina preto de 18 M€ a medidas para facerlle fronte á ciberdelicuencia

  • O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participaron hoxe na apertura da XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos ‘IuristicGal2022’, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co apoio do Goberno galego

A Xunta aposta polo fomento da ciberseguridade nas institucións, as empresas e no conxunto da sociedade a través dun decálogo de medidas de colaboración entre administracións e cos sectores privados nas que investirá 18 millóns de euros. Un exemplo desta cooperación é o Nodo CIBER.gal, a primeira estrutura de colaboración público-privada na materia en España que une súas forzas e recursos para identificar, deseñar e executar accións para facerlle fronte ás ameazas cibernéticas.

Así o afirmaron o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Julián Cerviño, na apertura da XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos IuristicGal2022, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co apoio do Goberno galego.

Na súa intervención, o director xeral de Xustiza destacou o labor desenvolvido pola Xunta “nunha transición dixital rápida e axeitada ás necesidades da cidadanía que permita mellorar as medidas preventivas e a capacidade de resposta ante ciberataques”. O obxectivo é ser, no horizonte de 2030, “referente internacional na materia tanto a nivel académico e investigador como empresarial e comercial”. Nesta liña referiuse á importancia do Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia que implicará un investimento para a súa posta en marcha duns 3,5 millóns de euros.

O director xeral incidiu na preocupación crecente tanto entre as autoridades xudiciais e policiais como entre a cidadanía pola ciberdelincuencia. Para Tronchoni, trátase de “novas formas de criminalidade difíciles de perseguir e que requiren dun esforzo constante para dotar as forzas e corpos de seguridade e á Administración de Xustiza dos recursos precisos e de profesionais cualificados”.

Dixitalización da xustiza

Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lembrou que “hai máis de dez anos puxemos en marcha unha ambiciosa iniciativa para a dixitalización da xustiza, que se materializou a través dos plans Senda 2014 e Senda 2020.” Unha década na que Galicia reforzou as infraestruturas tecnolóxicas no eido xudicial; implantou os sistemas de xestión procesual para xuíces, letrados, empregados públicos e fiscais así como a sinatura dixital en todos os órganos xudiciais; puxo en marcha todas as pezas do expediente xudicial electrónico; desenvolveu unha rede de videoconferencias que dá servizo a todos os órganos xudiciais e foi a primeira comunidade en poñer en marcha a sede electrónica xudicial.

O máximo responsable da Axencia autonómica destacou agora “queremos lograr a consolidación dixital da xustiza, para facela máis próxima á cidadanía con capacidade para ofrecer uns servizos máis personalizados e adaptados ás súas necesidades”. E con estes obxectivos está en marcha o III Plan Senda 2025 cun investimento de máis de 43 millóns de euros, un 68% máis que os plans anteriores que, entre outras medidas, permitirá completar a dixitalización do 100% de salas de vistas planta xudicial galega e potenciar os actos procesuais en remoto; evolucionar a Sede Xudicial Electrónica e incrementar o número de servizos dispoñibles ou impulsar a estratexia do dato e automatización para que a xestión da información facilite a mellora e a calidade do servizo.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS