main content

main content
19/10/202213:10
Momento da inauguración de GaliciaTIC.
Santiago de Compostela

Galicia aposta por reducir a dependencia do exterior en materia tecnolóxica ante o novo contexto mundial

  • O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou hoxe na inauguración de Galicia TIC, na Cidade da Cultura
  • A escaseza de materias primas, a inflación e as novas necesidades creadas pola pandemia sitúan ás rexións ante o reto de aumentar as súas capacidades e infraestruturas propias
  • O hipersector TIC de Galicia representa xa o 3% do PIB, cun crecemento sostido nos últimos anos superior ao do resto da economía produtiva da comunidade
  • O número de empresas tecnolóxicas acumula un crecemento do 15% dende 2016 ata acadar as case 3.000
  • A Estratexia Galicia Dixital 2030 avoga polo desenvolvemento das tecnoloxías disruptivas como a Intelixencia Artificial, o 5G, a Intelixencia do Dato ou a Ciberseguridade

O desenvolvemento do eixo transversal da Estratexia Galicia Dixital 2030, para avanzar na especialización dixital, permitirá á nosa comunidade afrontar o reto ante o que se atopan as rexións para reducir a dependencia tecnolóxica do exterior, segundo destacou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño.

Cerviño participou está mañá na mesa redonda inaugural de Galicia TIC, o foro que organiza dende hai 20 anos a Asociación de Empresas Tecnolóxicas de Galicia (INEO). O debate, sobre “Crecemento, Dixitalización e Eficiencia” foi moderado polo presidente da INEO, Luis Álvarez Sestelo, e contou tamén coa participación do CEO de Imatia, Fernando Vázquez; e o director de Edisa, Carlos Suárez.

Na súa intervención, o director da Axencia describiu un escenario caracterizado pola escaseza de materias primas, a inflación e a aceleración no uso das tecnoloxías provocado pola pandemia da Covid-19. Como consecuencia desta situación, destacou a necesidade de que as rexións aumenten as súas capacidades e infraestruturas propias para limitar a dependencia do exterior. Tamén salientou a oportunidade que representa para o sector tecnolóxico a necesaria transformación dixital das empresas e a extensión das xestións telemáticas e o teletraballo.

Neste sentido, resaltou que Galicia avanza nese proceso de especialización como demostran os datos sobre a evolución do denominado hipersector TIC. Segundo o último informe elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), en 2020 había na nosa Comunidade un total de 2.961 empresas tecnolóxicas, o que representou un crecemento dun 2,2% con respecto ao ano anterior. Dende 2016, o número de empresas creceu un 15%.

Un dos sectores con maior potencial de crecemento

Julián Cerviño lembrou que o OSIMGA destaca que se trata dun dos sectores con maior potencial de crecemento nos vindeiros anos e que, ademais, xera cadeas de valor co resto de axentes, empresas tratoras e sectores económicos. O hipersector TIC representa xa o 3% do PIB de Galicia, cun crecemento sostido nos últimos anos superior ao PIB xeral. Esa evolución reflíctese no emprego, que crece a un ritmo do 4,5 anual.

O director da Axencia destacou finalmente a importancia do desenvolvemento das tecnoloxías disruptivas como a Intelixencia Artificial, o 5G, a Intelixencia do Dato ou a Ciberseguridade. Neste sentido, referiuse a actuacións da Xunta como o Plan de posto dixital avanzado para persoal de emprego público, o Plan de Administración e Goberno Dixital, a implantación da estratexia Cloud no sector público, a creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, os proxectos piloto de 5G e a creación dos nodos de colaboración 5G, GalicIA (de Intelixencia artificial), ou o CIBER.gal (de ciberseguridade).  

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS