main content

main content
06/10/202216:10
Julio Sánchez, Julián Cerviño e Lois Orosa.
Santiago de Compostela

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica destaca o papel do GaiásTech como centro para a demostración de tecnoloxías e asesoramento dixital ao tecido empresarial

  • Julián Cerviño presentou hoxe a conferencia do director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia sobre “Computación cuántica na industria”
  • Esta xornada, enmarcada na colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, súmase ás 120 actividades que leva realizadas o GaiásTech desde a súa posta en marcha en xuño de 2021
  • O responsable do departamento autonómico destacou que, en menos de ano e medio, máis de 4.000 persoas e de 600 empresas participaron nas xornadas do GaiásTech

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño e o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), Julio Sánchez presentaron hoxe no GaiásTech a conferencia “Computación cuántica na industria”, impartida polo Director Xerente do Centro de Supercomputación de Galicia, Lois Orosa.

A charla, que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas no que colaboran a Amtega e a AETG, súmase ás 120 actividades que leva realizadas o Centro GaiásTech desde a súa posta en marcha hai menos de ano e medio. Así o destacou durante a presentación o director da Axencia autonómica, que destacou que o centro está a cumprir co obxectivo de ser un lugar para a experimentación e demostración de tecnoloxías e un centro de asesoramento para favorecer a transformación dixital das empresas.

Desde xuño de 2021 máis de 4.000 persoas e arredor de 660 empresas participaron nas actividades do GaiásTech, impulsadas pola Axencia en colaboración con diferentes entidades, colexios profesionais e empresas. Julián Cerviño lembrou que o centro é un dos instrumentos fundamentais da Estratexia Galicia Dixital 2030 para impulsar a especialización tecnolóxica, promover o talento dixital, fortalecer o hipersector TIC, impulsar as novas tecnoloxías disruptivas como a intelixencia artificial, a ciberseguridade, a intelixencia do dato ou o 5G e favorecer a súa adopción polos distintos sectores produtivos.

Computación Cuántica

O director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia que lidera o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, Lois Orosa Nogueira, centrou a súa intervención nos principios da computación e as comunicacións cuánticas, o estado da arte e as súas aplicacións principalmente na industria e noutros sectores como o sanitario, o financeiro ou das TIC.

A xornada estaba dirixida tanto ao sector TIC como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS