main content

main content
30/09/202213:09
Mans tecleando en dous portátiles.
Santiago de Compostela

O Centro de Resposta a Incidentes de Ciberseguridade da Xunta entra na Rede Nacional impulsada polo CCN

  • Galicia é a sexta comunidade autónoma que se integra nesta rede que actuará en coordinación cos Centros de Operacións de Ciberseguridade (SOC) europeos
  • A Rede Nacional de SOC articula a colaboración entre as administracións para mellorar as capacidades de defensa, detección e resposta a ciberincidentes
  • Galicia foi a primeira Comunidade en dispoñer dunha estrutura de colaboración público-privada en materia de ciberseguridade: o Nodo CIBER.gal
  • A Xunta ten en marcha un paquete de medidas para facer fronte aos novos retos de ciberseguridade, cuns investimentos de 18 millóns de euros, que inclúen a construción do Centro Galego de Excelencia en Ciberseguridade

O Centro de Resposta a Incidentes da Seguridade da Información de Galicia (CSIRT.gal), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, entrou a formar parte da Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade (RNS) impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional (CCN).

A rede nacional encárgase da colaboración e o intercambio de información entre todos os Centros de Operacións de Ciberseguridade (SOC) das distintas Administracións Públicas. O obxectivo é o de mellorar as capacidades nacionais de defensa, detección e resposta a posibles ciberincidentes. Tamén actuará como enlace cos diferentes SOC europeos.

Galicia é a sexta comunidade autónoma que se integra na rede, da que tamén forman parte organismos dependentes dos gobernos de Madrid, Comunidade Valenciana, Aragón, Rexión de Murcia e Canarias. Tamén forman parte desta iniciativa concellos como o da Coruña, deputacións provinciais, empresas e a Secretaría Xeral de Administración Dixital dependente da Vicepresidencia Primeira do Goberno.

A entrada do CSIRT.gal na rede nacional complementa as medidas que puxo en marcha a Xunta para facer fronte aos novos retos de ciberseguridade, con investimentos que se achegan aos 18 millóns de euros e que inclúen a creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia.

Ademais, en marzo de 2020, a Xunta puxo en marcha o Nodo de Ciberseguridade Ciber.gal, que converteu a Galicia na primeira Comunidade en dispoñer dunha estrutura de cooperación público-privada nesta materia.

Na súa constitución, ademais do Goberno autonómico, participaron o Instituto Nacional de Ciberseguridade e o Centro Criptolóxico Nacional, as catro Deputacións galegas e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Desde entón, ademais, estanse a sumar ao nodo unhas 40 entidades privadas e as tres universidades galegas.

Entre as actividades promovidas polo Nodo Ciber.gal atópase a organización do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se celebrará os vindeiros 9 e 10 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. A esta cita poderán acudir, de xeito gratuíto, estudantes, pais, titores, avós, profesionais do tecido empresarial galego e tamén das Administracións Públicas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS