main content

main content
19/09/202208:09
Intelixencia artificial.
Santiago de Compostela

A Xunta achega as aplicacións prácticas da intelixencia artificial á cidadanía a través dunhas xornadas formativas

  • A formación está destinada a persoas maiores de 55 anos que poderán coñecer as aplicacións prácticas da IA e a súa capacidade para mellorar o día a día
  • As xornadas terán lugar nas aulas CeMIT de Vigo e A Coruña de forma presencial, o 20 e o 23 de setembro, e en streaming o día 29 desde o GaiásTech
  • Esta iniciativa enmárcase nas actuacións impulsadas polo Nodo Galicia Intelixencia Artificial
  • Galicia é unha rexión pioneira en Europa na discusión sobre un marco ético e normativo para a intelixencia artificial
  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as tres universidades galegas están a elaborar o “Estudo do marco ético-normativo e o potencial impacto do uso das tecnoloxías intelixentes”

 “A Intelixencia Artificial no día a día” é o título das xornadas formativas, impulsadas polo Nodo Galicia Intelixencia Artificial, para achegar as vantaxes da IA á cidadanía. Destinadas a persoas maiores de 55 anos estas sesións terán lugar de xeito presencial nas aulas CeMIT de Vigo e A Coruña os días 20 e 23 de setembro respectivamente, e o día 29 retransmitirase en streaming desde o Centro GaiásTech da Cidade da Cultura.

O obxectivo desta formación é analizar as nocións e características básicas da Intelixencia artificial, o seu impacto no día a día das persoas e visibilizar as súas vantaxes a través de casos de uso a un público que non ten coñecementos específicos na materia. As sesións estrutúranse en cinco bloques, un introdutorio para contextualizar a IA na evolución tecnolóxica dos últimos anos e como este cambio de paradigma afecta ao día a día das persoas. Ademais, abordarase un diálogo cos asistentes formulando preguntas sobre o emprego da IA na vida cotiá para rematar cunha explicación teórica sobre esta tecnoloxía.

No segundo bloque afondarase no día a día das tecnoloxías intelixentes, expoñendo a súa contribución á sociedade, casos prácticos de uso, identificación de barreiras e riscos e posible evolución desta tecnoloxía.

A parte máis práctica concéntrase no terceiro bloque no que os asistentes poderán adquirir as competencias necesarias para o uso de ferramentas que empregan IA como o móbil, os asistentes persoais, os tradutores instantáneos ou a xeración de imaxes a través de palabras.

O cuarto bloque está destinado á regulación da Intelixencia artificial que se centrará en porqué é necesaria a regulación e cal é o enfoque normativo e regulador da Unión Europea, o Goberno de España e a Comunidade Autónoma, que está a avanzar neste sentido. Finalmente, o peche da sesión servirá para resolver dúbidas e inquietudes dos asistentes a través dun formulario interactivo.

Inscricións

Os interesados en participar nestas actividades poden inscribirse a través das seguintes ligazóns:

Galicia rexión pioneira na discusión sobre un marco ético e normativo para a IA

O pasado mes de abril a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, iniciaba cos grupos de investigación das tres universidades galegas a elaboración do “Estudo do marco ético-normativo e o potencial impacto do uso das tecnoloxías intelixentes”.

Esta iniciativa enmárcase no desenvolvemento da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial (EGIA), aprobada en xuño de 2021, que promove o despregamento en Galicia dunha IA de vangarda, ética e segura, que contribúa á soberanía dixital de Europa. Cómpre lembrar que esta Comunidade xunto con Valencia e Cataluña son as tres únicas comunidades do Estado que dispoñen dunha estratexia propia para a aplicación da Intelixencia Artificial.

Galicia é tamén a primeira Comunidade española en deseñar un sistema de indicadores propio para avaliar a evolución da implantación destas tecnoloxías nun marco estratéxico.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS