main content

main content
14/09/202218:09
Reunión do Nodo Galego de Intelixencia Artificial (galicIA).
Santiago de Compostela

A Xunta impulsará unha candidatura única para que Galicia acolla a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

A Xunta confirmou hoxe ante os integrantes do Nodo Galego de Intelixencia Artificial (galicIA) a candidatura para que a nosa comunidade acolla a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA). Neste senso, o Executivo autonómico traballará para consensuar unha única candidatura que permita maximizar as posibilidades de contar con este organismo de nova creación.

Esta confirmación prodúcese tras a decisión do Consello de Ministros de onte martes de iniciar o procedemento para a designación da sede física da AESIA. Na reunión participaron o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; e representantes das consellerías de Sanidade e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da AECT Galicia Norte de Portugal.

Entre os requisitos xa coñecidos, está a existencia dun potente ecosistema dixital. Neste senso, Galicia xa destaca na xeración de coñecemento en torno á Intelixencia Artificial a través de centros singulares de investigación; ademais de estar desenvolvendo a súa propia Estratexia Galega de Intelixencia Artificial.

En concreto, Galicia é a primeira Comunidade española en afrontar o desafío de analizar o impacto ético da aplicación das tecnoloxías de IA no seu territorio e este traballo permitirá adaptar a lexislación galega a esta nova realidade. Así mesmo, Galicia conta con dous ‘hubs’ de innovación que suman as capacidades de máis de 4.200 empresas e entidades que empregan a 120.000 persoas. Ademais, o sector tecnolóxico suma 2.961 empresas con 20.740 empregados.

A aposta por Galicia como sede da AESIA conta xa co apoio de máis de 60 institucións e empresas, entre as que se atopan grandes tecnolóxicas como Amazon Web Services, Microsoft ou Google Cloud.

Tamén analizaron os prazos establecidos polo Consello de Ministros, que anunciou que a Comisión Consultiva para a determinación das sedes disporá dun mes para dar a coñecer os criterios que se terán en conta para seleccionar a sede da AESIA nun procedemento aberto e competitivo. A partir da publicación dos criterios no BOE, as Comunidades Autónomas e as entidades locais poderán presentar a súa candidatura. A elección deberá realizarse nun prazo máximo de seis meses.

A Xunta de Galicia está elaborando, xunto coas universidades e a Eurorrexión, un documento para a presentación da candidatura galega, que se completará cando se desvelen os criterios de selección por parte da Comisión consultiva.

O Executivo autonómico desenvolverá un traballo continuo de colaboración con todos os axentes implicados coa intención de sumar esforzos co obxectivo de que a candidatura elixida por Galicia sexa a mellor posible para que a comunidade poida ser designada como sede da AESIA.

Coñecidas as precandidaturas de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela, os membros do nodo galicIA comprometéronse a apoiar unha candidatura de unidade. A decisión final tomarase en base aos criterios establecidos polo goberno de España, valorándose especialmente o peso do ecosistema empresarial e investigador en materia tecnolóxica.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS