main content

main content
01/08/202208:08
Banda larga.
Santiago de Compostela

A Xunta concede axudas a 30 empresas e autónomos de zonas illadas do rural para conexión a redes de máis de 100 megas

  • A Administración autonómica subvenciona ata o 100% dos custos para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
  • É a terceira convocatoria desta liña de axudas enmarcada no Plan de Banda Larga da Xunta
  • En total nas tres convocatorias concedéronse máis de 1,4 millóns de axudas a 121 empresas e autónomos


Un total de 30 empresas e autónomos do rural galego resultaron beneficiarias das axudas para a conexión a redes de banda larga ultrarrápida de máis de 100 megas.

Esta é a terceira convocatoria destas axudas que estaba dotada con case 880.000 euros, para subvencionar ata o 100% dos custos para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000 euros por proxecto.

En total, nas tres convocatorias, se concederon máis de 1,4 millóns de euros a 121 empresas e autónomos, que suman máis de 1.500 traballadores en zonas rurais que estaban afastadas deste tipo de redes.

Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Outras actuacións para a extensión de redes ultrarrápidas en áreas empresariais

No marco do Plan de Banda Larga 2020 púxose en marcha, en xullo de 2016, unha primeira actuación para conectar 81 polígonos industriais das catro provincias galegas a redes de ata 350 Mbps, que non contaban con cobertura de redes ultrarrápidas nin previsión de dispoñer deste servizo.

Deste xeito, actualmente hai un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, que dispoñen de acceso a redes de máis de 100 Mbps.

Medida complementaria ás estatais

Esta liña de axudas destinada a dotar dun servizo de banda larga ultrarrápida a empresas illadas do rural complementa outras actuacións que o Goberno do Estado ten marcha a través do Programa ÚNICO con máis de 4.000 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRPT), dos que o Ministerio xestionará o 91% e Galicia recibirá o 0,4% para desenvolver un conxunto de actuacións predefinidas polo Goberno do Estado.

A Xunta xa ten en marcha tres destas catro medidas predefinidas polo Goberno: a liña de mellora da conectividade en centros públicos; as axudas para o reforzo da conectividade en áreas de concentración empresariais e centros loxísticos de Galicia; os  bonos dixitais para facilitar a contratación de internet a persoas vulnerables, que se convocará nas vindeiras semana. A última medida, destinada a mellora das infraestruturas de telecomunicacións nos edificios, porase en marcha no mes de setembro.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS