main content

main content
10/06/202220:06
Clausura do curso.
Santiago de Compostela

A Xunta debate ao redor das oportunidades e riscos que implica a intelixencia artificial na administración

  • Máis de cen persoas formáronse na EGAP sobre as vantaxes e aplicacións da IA no sector público e sobre a regulación legal desta nova disciplina
  • José Manuel Romay Beccaría impartiu a conferencia de clausura do curso monográfico

Cento corenta persoas asistiron onte e hoxe ao curso monográfico A intelixencia artificial na Administración, celebrado na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na que participaron importantes expertos na materia para ofrecer unha visión das oportunidades e riscos que ofrece esta nova tecnoloxía dentro do sector público e facer fincapé na súa regulación legal.

A conferencia de clausura foi impartida por José Manuel Romay Beccaría, expresidente do Consello de Estado, o cal resaltou que a innovación e o coñecemento son imprescindibles para o desenvolvemento da humanidade. Nesta liña, incidiu en que os sistemas de intelixencia artificial constitúen un motor de cambio vertixinoso, polo que o dereito ten a obriga de regular esta tecnoloxía disruptiva para garantir o respecto dos dereitos da cidadanía.

Este curso monográfico, de dez horas de duración, reuniu en Santiago de Compostela a xuristas, investigadores e empregados públicos, que debateron ao redor das diferentes vertentes que ofrece a intelixencia artificial dentro do sector público. Así, os catedráticos de Dereito Administrativo Eduardo Gamero e Alejandro Huergo abordaron o complexo marco xurídico da intelixencia artificial na toma de decisións e defenderon a supervisión humana e a auditoría como sistemas de protección dos dereitos fundamentais. Esta tese tamén foi apoiada por Eva María Mota, interventora da Administración local, que reflexionou sobre as oportunidades que ofrecen as solucións automatizadas no control das entidades locais.

Doutra banda, durante o curso, o catedrático de Dereito Mercantil Carlos Lema, o profesor Pablo Fernández e a investigadora Sara Louredo analizaron polo miúdo as consecuencias que terán os procesos automatizados sobre a creación de obras e invencións e as súas repercusións no dereito á propiedade intelectual e á propiedade industrial. 

Finalmente, este monográfico, tamén incluíu o relatorio do catedrático de Ciencia Política e da Administración Carles Ramió, que definiu a irrupción da IA no sector público como unha "revolución silenciosa" e defendeu un rol activo da Administración ante esta nova realidade, con valores e ética pública.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS