main content

main content
27/05/202218:05
Dúas persoas maiores sentadas na rúa usando un smartphone.
Santiago de Compostela

A Xunta ampliará o uso da Chave365 a persoas non residentes en España e incorporará a identificación por videoconferencia

  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publicou hoxe o proxecto de orde que permitirá estas modificacións, e que está aberto a suxestións ata o 16 de xuño
  • Ambas medidas buscan ampliar e simplificar este sistema de claves concertadas que permite a tramitación online coa Administración autonómica
  • Actualmente más de 1,4 millóns de galegos empregan Chave365, un 400% máis que no mesmo período do ano anterior
  • O 85% dos galegos e galegas que tiveron que facer xestións coa Xunta en 2021 optaron por realizalas online

Facilitar e ampliar o uso da Chave365 é un dos obxectivos da Xunta para estender o uso da Administración electrónica entre a cidadanía. Por iso a Administración autonómica modificará a orde que rexe este sistema de claves concertadas para facilitar a identificación por videoconferencia e posibilitar o seu uso por persoas non residentes España.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publica hoxe no portal de transparencia o proxecto de orde que permitirá estas modificacións e que está aberto a suxestións ata o vindeiro 16 de xuño.

Unha das modificacións do sistema é habilitar a identificación do usuario de Chave365 a través de videoconferencia, evitando a identificación presencial nunha oficina de rexistro ou a través da sede electrónica cun DNI electrónico.

Por outra banda para facilitar o uso de Chave365 por parte de persoas non residentes en España que non dispoñan de NIF o sistema creará un identificador co que poderán acceder.

O Servizo Chave365 entrou en funcionamento no ano 2015 para simplificar a xestión telemática ante as dificultades de uso do certificado electrónico

Para empregar este sistema o usuario só ten que darse de alta no servizo, verificando a súa identidade, ben a través da sede electrónica. ben nunha oficina de rexistro da Xunta, ou, en breve, a través de videoconferencia.

Unha vez verificada a súa identidade, o usuario recibe no seu móbil unha clave de acceso, que emprega xunto co seu NIF, ou un identificador no caso de non residir en España e non dispoñer de NIF. Deste xeito cada vez que queira realizar unha xestión, introduce a clave de acceso, o NIF ou o identificador na sede electrónica e recibirá automaticamente no seu móbil un código de sinatura dun só uso e válido durante 24 horas para realizar o trámite.

Uso da eAdministración

A dia de hoxe 1.428.556 persoas dispoñen de Chave365 rexistrando no 2021 un incremento de máis do 400% respecto ao ano anterior. Ademais o 85% dos galegos e galegas que tiveron que facer xestións coa Xunta en 2021 optaron por realizalas online. Son máis dun 8% respecto ao ano pasado e preto dun 60% respecto a 2019. Así o recolle o sistema de indicadores da Administración Dixital, accesible desde o Portal de Transparencia da Xunta, que reflicte a evolución de uso e implantación dos diferentes servizos dixitais da Administración autonómica.

As notificacións electrónicas, que o usuario pode recibir no móbil en lugar de en papel a través da caixa de correo, incrementáronse máis dun 37% no último ano pasando de 888.000 en 2019 a máis de 1,2 millóns en 2021.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS