main content

main content
24/05/202214:05
Responsables de dixitalización de gobernos autonómicos en Estonia.
Estonia

A Xunta participa en Estonia nun encontro para coñecer o proceso de dixitalización deste país, á cabeza de Europa neste ámbito

  • A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Mar Pereira, forma parte da delegacion de responsables de dixitalización de diferentes comunidades autónomas
  • Ao longo de tres xornadas participarán en diferentes encontros para coñecer de preto as iniciativas de Estonia en ámbitos como o eGoberno, Ciberseguridade ou Big Data

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, participa xunto aos máximos responsables en materia de dixitalización de diferentes comunidades autónomas nun encontro de traballo en Estonia. Ao longo de tres xornadas asistirán a diferentes encontros nos que coñecerán de primeira man as iniciativas de dixitalización de Estonia, un país pioneiro en Europa nesta materia que conseguiu configurar un ecosistema dixital, eficiente, seguro e transparente.

Estas xornadas de traballo, que comezaron onte e se prolongarán ata mañá, ofrecerán tamén a oportunidade de establecer liñas de colaboración en materia de innovación e tecnoloxía entre Estonia e as comunidades participantes. Nesta liña a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica avanzou que a Xunta incorporará ao seu novo Plan de Administración e Goberno Intelixente o desenvolvemento da identidade dixital da cidadanía, así como o impulso de mecanismos seguros de compartición de datos e a personalización dos servizos públicos.

O programa do encontro comezou onte cunha xornada centrada no eGoberno, na que explicaron as estratexias de Estonia para conseguir que o 99% dos servizos públicos do país sexan dixitais. A xestión do cambio e a formación en competencias son outra das claves da dixitalización de Estonia, que se abordará neste encontro.

Ademais, os representantes autonómicos coñecerán en detalle o sistema de identificación estonio, o máis avanzado do mundo, que facilita o acceso dixital a todos os servizos electrónicos que ofrece a Administración deste país. O seguinte encontro está centrado na interoperabilidade de datos, no que explicarán o funcionamento da plataforma X-Road, que permite que os diferentes sistemas de toda a Administración estonia se comuniquen entre sí.

Outro dos temas previstos no programa será a ciberseguridade, un aspecto no que Estonia ocupa unha posición de liderado en Europa. Ademais, a delegación de responsables de dixitalización das comunidades autónomas tamén coñecerá iniciativas e big data móbil aplicado ao transporte e o turismo e a iniciativa HK Unicorn Squad, un clube de tecnoloxía para rapazas, no que se forman en enxeñaría, programación, robótica ou multimedia.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS