main content

main content
02/12/202115:12
Chip.
Santiago de Compostela

A Xunta adquirirá ata 50 robots que realizarán as tarefas máis rutineiras da tramitación administrativa

  • Feijóo salienta que o emprego destas solucións non é unha novidade, xa que o Goberno galego é pioneiro na aplicación tanto de tecnoloxías de automatización robótica de procesos como de técnicas de recoñecemento óptico de caracteres

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta da compra de ata 50 robots que realizarán as tarefas máis rutineiras da tramitación administrativa para liberar aos empregados públicos deses cometidos. “Investiranse preto de 8 M€ nunha plataforma de automatización dotada con solucións de intelixencia artificial e robótica para axilizar todos estes procesos”, abundou.

Nesa liña, o presidente da Xunta explicou que este contrato, que terá unha vixencia de 2 anos, permitirá dar resposta de xeito áxil á tramitación de grandes volumes de expedientes, reducir tempos de tramitación, incrementar a capacidade de tramitación das unidades administrativas, evitar que as persoas realicen funcións que poden ser automatizadas e, en xeral, dar un mellor servizo aos galegos.

Ademais, Feijóo lembrou que o emprego destas solucións non é unha novidade, xa que a Xunta é pioneira na aplicación tanto de tecnoloxías de automatización robótica de procesos como de técnicas de recoñecemento óptico de caracteres.

A este respecto sinalou que xa está a empregar en procedementos tributarios como as autoliquidacións da compravenda de vehículos usados, nas transmisións patrimoniais, na sincronización de datos coa Seguridade Social ou na tramitación das axudas do II Plan de rescate.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS