main content

main content
24/09/202114:09
Presentación da iniciativa.
Santiago de Compostela

Feijóo presenta o proxecto ¡BUEN CAMINO! para ofrecer da man de Google Arts&Culture 'unha ventá' á singularidade das rutas xacobeas acadando unha nova universalidade

  • Resalta que o obxectivo é que a través das 4.750 fotografías e vídeos, dos 105 reportaxes visuais e das visitas virtuais a monumentos icónicos, os visitantes sintan o que sinte un peregrino
  • Lembra que con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe o proxecto ¡BUEN CAMINO!, para ofrecer da man de Google Arts&Culture, “unha ventá”, dixo, á singularidade das rutas xacobeas, acadando unha nova universalidade.

“Nas 4.750 fotografías e vídeos, nos 105 reportaxes visuais e nas visitas virtuais aos 13 monumentos icónicos da iniciativa late o pulso inmortal da peregrinación”, dixo, incidindo en que o obxectivo é que os visitantes sintan o que sinte un peregrino, “cando percorre algunha das 10 rutas oficiais, cando visita as catedrais de Mondoñedo ou Lugo, cando pasea por Santiago, cando explora as Illas Cíes, cando desfruta da gastronomía ou escoita música como a de Tanxugueiras”, explicou.

Durante o acto, o titular da Xunta destacou que con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.

Feijóo aproveitou a súa intervención para agradecer a implicación do Goberno de Aragón, así como da Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago e da Fundación Catedral nesta iniciativa.

E concluíu resaltando que, no que vai de ano, lévanse entregadas 125.000 compostelas de máis de 150 países. “Isto significa que o mundo nos busca e que Galicia está”, afirmou, incidindo en que o Ano Santo bienal é un convite a camiñar á Comunidade que está a ser intensamente correspondido tras o peor da pandemia.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS