main content

main content
21/09/202107:09
Zeltia Lado participando no webinario.
Santiago de Compostela

Preto de 900 traballadores fórmanse en comercio electrónico a través do programa da Xunta 'Autónomos Dixitais'

  • A directora de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago de Compostela nun webinario no que ofreceu información sobre a iniciativa autonómica dirixida a brindar ás persoas autónomas os coñecementos precisos para reactivar os seus negocios
  • A Xunta incide desta maneira na importancia de formar ás novas traballadoras e traballadores poñéndoos no centro dun campo dixital que lles abre a porta ao emprendemento
  • Lado destacou a importancia de seguir facilitando a adaptación e incorporación á transformación dixital das persoas traballadoras galegas e lembrou a aposta do Goberno galego por unha formación “sen fronteiras” que permita ter unha visión global do mercado

Un comercio máis accesible, dixitalizado e con oportunidades para a reactivación económica das autónomas e autónomos son os eixos sobre os que xiran os cursos de formación do programa Autónomos Dixitais da Xunta no que están a participar na actualidade preto de 900 persoas.

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe nun webinario en Santiago de Compostela no que ofreceu información sobre esta iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, coa que se pretende facilitar a un total de 1.125 autónomos e autónomas os coñecementos precisos para reactivar os seus negocios nun contexto onde, por mor da pandemia, moitos establecementos puideron sobrevivir á coxuntura económica grazas ao comercio en liña.

A directora xeral explicou que este programa consta dun curso de iniciación, Fundamentos para crear un proxecto e-commerce, de 50 horas de duración, e outro curso de Especialista en e-commerce, tamén de 50 horas de sesións. Ambos son cursos dixitais onde se pode recibir a formación a distancia, facilitando deste xeito o seu acceso e, tamén, a debida conciliación das persoas interesadas. Do que se trata é de ofrecer formación en comercio dixital a aqueles autónomos que vaian iniciar a súa actividade económica ou de por a súa disposición unha nova ferramenta a todos aqueles que queiran dar unha segunda oportunidade a súa situación laboral.

A segunda edición de Autónomos Dixitais foi presentada en maio pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, con catro perfís aos que vai dirixida: mulleres; colectivo emprendedor entre persoas entre 31 e 44 anos e autónomos que tiveron que pechar o seu negocio como consecuencia da covid-19; e as persoas traballadoras autónomas maiores de 45 anos. Cada perfil consta dos dous cursos gratuítos en formato dixital.

“O noso obxectivo é acercar solucións e ferramentas de formación efectivas, que permitan dar unha resposta ás necesidades inmediatas, e ofrecer unha formación sen fronteiras que permita ter unha visión global do mercado”, apuntou Lado.

A formación continua e a capacitación laboral son dúas vías de traballo nas que incide deste xeito o Executivo galego, cunha aposta dobre na que cabe o comercio presencial, no cal se quere coidar e incentivar a compra, recalcou Lado, mais tamén cunha clara vocación de dotar ás novas e novos autónomos dunha ventá dixital para poder reemprender ou impulsar o seu negocio, colocando así, declarou Lago, “as persoas” no centro das políticas de emprego en Galicia.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS