main content

main content
05/08/202109:08
Obxectivos CIBER.gal.
Santiago de Compostela

O nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal organiza o evento de ciberseguridade de referencia en Galicia os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura.

  • No evento participarán entidades como INCIBE, CCN e as principais empresas do ecosistema de ciberseguridade de Galicia.
  • Contará con actividades dirixidas á cidadanía, ao tecido empresarial galego e a Administración Pública.
  • Integrará charlas, paneis, talleres prácticos e retos de ciberseguridade con entrega de premios para os equipos gañadores.

Durante os días 10 e 11 de novembro celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o evento de ciberseguridade de referencia en Galicia. Se a situación o permite desenvolverase presencialmente, aínda que tamén será retransmitido por internet.

É un evento promovido e organizado polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal; unha iniciativa impulsada para contribuír ao seu obxectivo de favorecer unha contorna dixital segura e impulsar a industria de ciberseguridade galega. 

O evento terá o privilexio de contar coa participación do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptológico Nacional (CCN). Ademais, contará coa presenza e participación das principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da Comunidade, e con axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento. 

O 10 de novembro contará con actividades destinadas ao tecido empresarial galego e á cidadanía, mentres que o último día reservarase para accións dirixidas á Administración Pública.

Está previsto desenvolver actividades como charlas divulgativas, paneis de debate, talleres prácticos e retos co fin de concienciar e informar da situación actual da ciberseguridade, o seu elevado nivel de importancia, os mecanismos existentes para o impulso do emprendimiento no sector e a realidade do mercado laboral nesta área. 

Proximamente, na web de CIBER.gal publicaranse as entidades participantes, o programa detallado e os relatores cos que contaremos no evento. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS