main content

main content
10/06/202115:06
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello.
Santiago de Compostela

A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 mobilizará máis de 330 M€ e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 M€

  • Feijóo salienta que a Xunta asume un rol tractor para o aumento dos investimentos neste eido e para preparar á cidadanía para os cambios socioeconómicos nun marco ético e legal adecuado
  • Asevera que permitirá axilizar os procesos da administración pública e mellorar a calidade na prestación de servizos
  • Sinala que permitirá cubrir máis de 1.000 empregos cada ano

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, que a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 mobilizará máis de 330 millóns de euros e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 millóns.

“A Xunta asume un rol tractor para o aumento dos investimentos na intelixencia artificial e para preparar á cidadanía para os cambios socioeconómicos nun marco ético e legal adecuado”, salientou Feijóo. E engadiu que “a intelixencia artificial estará ao servizo dunha economía baseada no coñecemento para afrontar os retos inminentes de Galicia” como son as necesidades derivadas da pandemia, o cambio demográfico ou a transición ecolóxica.

Deste xeito, a Estratexia aliñará as necesidades económicas de Galicia coas capacidades de investigación e innovación e coas necesidades do sector público e privado. Isto implica, explicou o presidente da Xunta, que “promoverá o uso da intelixencia artificial en sectores clave da economía galega, mellorará a prestación de servizos como a sanidade ou a política social, potenciará o patrimonio cultural e o turismo, e apoiará ás pemes galegas nos seus procesos de transformación dixital”.

Ademais, a intelixencia artificial permitirá avanzar cara a un goberno preditivo no que as decisións sobre as políticas públicas estean baseadas no estudo das demandas reais da cidadanía coñecidas a partir dos datos. Isto permitirá axilizar os procesos da administración pública e mellorar a calidade na prestación de servizos.

Tras facer fincapé no exemplo que supuxo a pandemia da covid-19 sobre a utilidade das tecnoloxías vinculadas á intelixencia artificial, o presidente da Xunta avanzou os ámbitos da xestión administrativa con posibilidades de mellora a curto prazo grazas á intelixencia artificial: a sanidade; modos de vida saudables e economía dos coidados; a educación e o emprego; o desenvolvemento dun territorio sustentable en base á cultura; o patrimonio e o turismo; o medio ambiente, a transición enerxética e a mobilidade, entre outros.

A maiores, Feijóo detallou que esta Estratexia, que permitirá cubrir máis de 1.000 empregos ao ano, ten como obxectivos: impulsar a adopción da intelixencia artificial desde o sector público e desde a colaboración público-privada; promover a economía do dato adaptada ao marco legal; integrar Galicia no espazo europeo de datos; fomentar a incorporación das pemes galegas á era das tecnoloxías intelixentes; lanzar un proxecto para o desenvolvemento das habilidades dixitais avanzadas necesarias en todos os ámbitos e a formación de capital humano cualificado en intelixencia artificial, e investir de maneira eficiente recursos públicos e privados en beneficio da sociedade. “É un gran proxecto, estratéxico e de país”, concluíu Feijóo.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS