main content

main content
07/06/202108:06
Edificio do CNTG.
Santiago de Compostela

Tecnoloxías como a robótica e o OCR permitiron á Xunta tramitar e pagar en 2 meses máis do 90% do segundo plan de rescate a sectores afectados pola covid19

  • A automatización intelixente desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten como obxectivo resolver os trámites no menor tempo posible sen que isto afecte ao rigor administrativo e xurídico dos procedementos
  • As tecnoloxías facilitaron que consultas como a vida laboral ou a comprobación dos descensos de facturación se fixeran de modo automático
  • As ferramentas de automatización mellorarán e axilizarán as tramitacións da administración electrónica da Xunta

O sistema de automatización intelixente desenvolvido pola Xunta para a tramitación do II Plan de rescate aos sectores afectados polas medidas sanitarias como consecuencia da covid-19 permitiu que máis do 90% das axudas concedidas se puidesen pagar nun prazo inferior a dous meses.

Esta ferramenta, que funciona con tecnoloxías emerxentes, como a robótica ou o recoñecemento óptico de caracteres (OCR), foi desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e aplicada pola Consellería de Emprego e Igualdade para axilizar a tramitación dos expedientes e o pago das axudas.

O obxectivo da Xunta foi o de resolver os trámites no menor tempo posible sen que isto puidese afectar ao rigor administrativo e xurídico dos procedementos.

O sistema foi utilizado para a concesión das axudas do II Plan de Rescate, que benefician a persoas traballadoras autónomomas, microempresas, hostalaría e outras actividades pechadas, e utilizarase para a xestión das axudas no III Plan de Rescate aprobado polo Consello da Xunta do pasado xoves. Co terceiro Plan, a Xunta levará activados en seis meses máis de 416 millóns de euros.

En concreto, leva investidos 182 millóns de euros entre o primeiro e o segundo plan de rescate. O primeiro programa de apoios económicos directos, publicado no pasado mes de decembro, sumou 86 millóns de euros e permitiu atender un total de 33.600 solicitudes de axuda presentadas por autónomos e microempresas, que xa están pagadas na súa totalidade.

O segundo plan de rescate, publicado en marzo, ascendeu inicialmente a 75 millóns de euros, pero incrementouse o orzamento no mes de maio en 21 millóns, ata chegar aos 96, para poder atender á maior parte das solicitudes presentadas. Nestes momentos xa están abonadas un total de 32.771 solicitudes do segundo plan de rescate, que suman 87,2 millóns de euros, é dicir, o 91% do orzamento reservado para este programa, grazas ás ferramentas aplicadas pola Amtega.

Entre as tecnoloxías empregadas pola Xunta para as tramitacións atópase a automatización robótica de procesos (RPA), que foi a que permitiu a comprobación da vida laboral das empresas en cerca de 6.000 solicitudes. En concreto, os robots xeneraron os ficheiros de consulta necesarios para que o personal da Consellería de Emprego e Igualdade puidese realizar a petición de información con todas as garantías. En prazos de entre 24 e 48 horas, esta información foi remitida para o seu procesamento, tamén mediante robots que analizaron os ficheiros, realizaron as comprobacións e fixeron os cálculos.

O sistema de recoñecemento óptico de caracteres (OCR) usouse para a comprobación dos descensos de facturación das empresas a partir das liquidacións de IVE dos últimos periodos. O servicio OCR permitiu analizar máis de 23.000 expedientes e procesar cerca de 900.000 páxinas.

Por outra banda, o sistema desenvolvido tamén incluíu a automatización da consulta de débedas coa Xunta de Galicia e outras melloras, como a da xestión dos pagos na plataforma de contratación da Xunta de Galicia (Xumco). Esta tecnoloxía permitirá avanzar na calidade dos servizos da administración electrónica en todo tipo de trámites.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS