main content

main content
02/06/202117:06
5G.
Santiago de Compostela

Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibiliten o 5G

  • A directora da Amtega, Mar Pereira, lembra que Galicia foi a primeira comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión do 5G, durante a presentación dos 13 casos de uso do proxecto piloto liderado por Orange
  • Galicia foi o territorio escollido para a primeira conexión 5G en roaming do mundo e a única comunidade española que conta con dous proxectos piloto desta tecnoloxía
  • O investimento total (público e privado) dos 30 casos de uso que se desenvolven no marco dos dous pilotos galegos é de 24 millóns de euros
  • O Curso de Especialistas en Tecnoloxías de Quinta Xeración, froito da colaboración entre a Xunta e a Universidade de Vigo, e o espazo de probas e simulacións creado pola Amtega, consolidan a Galicia na vangarda do 5G

Galicia aspira a ser unha das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados necesarios para a extensión no seu territorio da tecnoloxía 5G, según manifestou hoxe a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

A directora da Amtega participou esta mañá no acto de presentación do proxecto piloto 5G que desenvolve en Galicia unha unión temporal de empresas liderada por Orange e da que forman parte Gammera Nest e as galegas Cinfo e Optare Solutions. Esta actuación forma parte das experiencias impulsadas por Red.es no marco do Plan Nacional 5G.

Mar Pereira destacou a importancia do 5G para Galicia, xa que “permitirá as mesmas prestacións que a fibra” e, ao ser unha tecnoloxía sen fíos, “é clave para mellorar a conectividade nun territorio como o noso, caracterizado pola dispersón poboacional e a complexidade orográfica”. Neste sentido, lembrou o compromiso do Estado, de acordo coas liñas establecidas pola UE, de lograr que en 2025 o 100% da población teña acceso a unha conexión de 100Mbps.

Por iso, engadiu, a Xunta “sempre tivo claro o papel que ten que asumir, que é o de ser facilitadora e impulsora indispensable para abordar a innovación tecnolóxica en Galicia”. Neste contexto, lembrou que foi a primeira Comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión da tecnoloxía 5G. Esa iniciativa permitiu que Galicia fora escollida como o primeiro ecenario do mundo para unha conexión 5G en roaming, ou que Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades europeas en contar con redes 5G. Además é, xunto con Andalucía, unha das dúas comunidades españolas que acollen os primeiros pilotos subvencionados por Red.es e a única que ten dúas iniciativas deste tipo.

No marco destes pilotos do Plan nacional desenvólvense en Galicia 22 casos de uso, aos que hai que sumar 8 máis que forman parte do Nodo5G do Plan galego. En total, os investimentos nestas iniciativas suman 24 millóns de euros, de procedencia pública e privada.

O posicionamento de Galicia na vangarda da tecnoloxía 5G consolídase coa aposta polo capital humano, recollida no Plan Galicia 5G. Neste eido, a colaboración entre a Xunta e a Universidade de Vigo permitiu a posta en marcha do Curso de Especialista en Tecnoloxía de Quinta Xeración, que xa vai pola segunda convocatoria. Ademáis, a Amtega, xunto coa Universidade de Vigo, creou un espazo de proba e simulación para os proxectos máis relevantes neste ámbito.

No acto de hoxe, que tivo lugar na Cidade da Cultura e foi clausurado polo secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras, Roberto Sánchez, foron presentados 13 casos de uso, cun investimento de máis de 9 millóns de euros. 9 deles se realizan na provincia de Pontevedra, 2 en Lugo, 1 na Coruña e outro en Ourense.

Os casos de uso presentados hoxe foron:

  • un sistema de video biométrico para limitar os accesos á lonxa de Vigo ao persoal autorizado;
  • un soporte remoto experto para a industria que permite que un operario reciba instruccións a tempo real;
  • un soporte remoto experto para poder recibir instruccións precisas en urxencias sanitarias;
  • un control de procesos críticos en plantas de produción a través de comunicacións sen cables;
  • un sistema de visita virtual para lugares turísticos;
  • un sistema virtual de educación con clases con contido enriquecido 3D;
  • un campus intelixente con tecnoloxías Virtual Analytics e Smart Lab;
  • un control de empaquetado por procesamento de imaxe;
  • un sistema de loxística e gestión de frotas sobre 5G;
  • un sistema de vixilancia sobre 5G mediante aeronaves non tripuladas;
  • un sistema de mellora da produtividade agraria mediante a correlación de parámetros aportados por sensores;
  • un sistema que mellora o acceso móbil e que permite ofrecer servizos que hoxe soamente están dispoñibles con acceso de red fixa ultra rápida de última xeración;
  • un sistema de xogo interactivo multixogador masivo para teléfonos intelixentes;
  • e un sistema de produción e transmisión de TV en directo.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS