main content

main content
01/06/202119:06
Sesión demostradora de TELEA.
Santiago de Compostela

A plataforma tecnolóxica do Sergas Telea vén de ser escollida como unha boa práctica por parte da Comisión Europea

  • Ata a data, o número de pacientes que foron seguidos por medio de TELEA é de 251.604, dos cales 164.086 pertencen ao seguemento de contactos estreitos covid positivos, 79.617 pertencen a pacientes con illamento por covid e os restantes pertencen ao seguemento de patoloxías crónicas
  • As autoridades sanitarias de Chipre, Francia, Italia, República Eslovaca, Chequia, Grecia, Lituania e Estonia mostráronse interesadas en coñecer o funcionamento de TELEA
  • Na sesión telemática de hoxe, que tivo lugar no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, participou o subdirector xeral de Ordenación Asistencial e Innovación do Sergas, Alfonso Alonso Fachado

A plataforma de telemonitorización do Servizo Galego de Saúde, TELEA, vén de ser escollida como unha Boa Práctica por parte da Comisión Europea na súa convocatoria anual. Este feito, por parte da Comisión Europea, é un recoñecemento máis á innovación desenvolvida pola Consellería de Sanidade, onde xa máis de 250.000 personas foron seguidas a data de hoxe por medio de TELEA. Considérase boa práctica aquela intervención ou experiencia realizada, baseada no mellor coñecemento científico dispoñible, que demostre ser efectiva, e que poida ser transferible, ademais de representar un elemento innovador para o sistema sanitario.

TELEA é a plataforma de teleasistencia domiciliaria desenvolvida en Galicia para o seguimento dos pacientes crónicos, e que emprega as tecnoloxías da comunicación para manter en contacto aos profesionais sanitarios e aos seus pacientes, facilitando a monitorización do estado de saúde dos usuarios sen necesidade de desprazamentos. O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos doentes a través dun seguimento estreito encamiñado a detectar con axilidade descompensacións nos indicadores de saúde.

Sinalar que, durante os días 1 e 2 de xuño, estase levando a cabo, de forma telemática, un taller de mercado (Marketplace) que mostra as mellores prácticas no campo da atención primaria.

Os representantes dos Estados membros da UE e outros países teñen a oportunidade de recibir información das mellores prácticas procedentes de iniciativas e programas da UE. Neste caso concreto, as autoridades sanitarias dos estados membros de Europa terán a oportunidade de coñecer e preguntar sobre aspectos relacionados con TELEA.

Sesións telemáticas hoxe e mañá

As autoridades sanitarias de Chipre, Francia, Italia, República Eslovaca, Chequia, Grecia, Lituania e Estonia mostráronse interesadas en coñecer o funcionamento de TELEA. Durante dúas sesións dunha hora e media en dous días consecutivos, poderán preguntar sobre aspectos relacionados coa implementación e resultados de TELEA. Na sesión telemática de hoxe, que tivo lugar no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, participou o subdirector xeral de Ordenación Asistencial e Innovación do Sergas, Alfonso Alonso Fachado.

Ata a data, o número de pacientes que foron seguidos por medio de TELEA é de 251.604, dos cales 164.086 pertencen ao seguemento de contactos estreitos covid positivos, 79.617 pertencen a pacientes con illamento por covid e os restantes pertencen ao seguemento de patoloxías crónicas como 1.638 en pacientes con hipertensión arterial ou os 599 en pacientes diabéticos.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS