main content

main content
24/05/202108:05
Muller de costas usando un ordenador.
Santiago de Compostela

Arranca o estudo da Xunta sobre a relación das galegas coas TIC para coñecer o uso que fan da tecnoloxía e arbitrar medidas para evitar fendas de xénero neste ámbito

  • O Consello Galego das Mulleres constituíu unha Comisión de Traballo de Mulleres nas TIC que elaborará unha análise en profundidade sobre a relación das mulleres coas tecnoloxías no ámbito privado e laboral
  • A Xunta busca coñecer a realidade neste sector para mellorar a capacitación das galegas no uso da tecnoloxía e atender as necesidades formativas identificadas
     

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de constituír a Comisión de Mulleres nas TIC que se encargará de realizar unha análise pormenorizada da situación das galegas na súa relación coa tecnoloxía tanto no eido laboral como do lecer, a crianza, o consumo, a comunicación e a formación.

O estudo desenvolverase no marco dos traballos do Consello Galego das Mulleres, o órgano colexiado de carácter consultivo no que están representadas todas as consellerías da Xunta, as asociacións e federacións de mulleres, as organizacións empresariais e sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas e os concellos por medio da Fegamp.

O obxectivo deste traballo non será outro que coñecer o papel das mulleres galegas ante as tecnoloxías da información (TIC), con especial atención á fenda tecnolóxica, para poder aportar nun futuro inmediato solucións de capacitación.

A covid-19 evidenciou unha maior dependencia da tecnoloxía tanto na vida privada como profesional das mulleres. O teletraballo, a educación e formación en liña, as comunicacións ou as compras pola internet situáronse en primeira liña, recaendo gran parte destas responsabilidades nas mulleres. De aí que a Xunta vexa a oportunidade de analizar polo miúdo a situación actual das galegas e a súa relación coa tecnoloxía, nos diferentes eidos da súa vida: traballo, lecer, crianza, consumo, comunicación, educación e formación.

A Comisión afondará, entre outros aspectos, nos usos que as galegas fan das TIC, para que as utilizan, que coñecementos teñen ao respecto e que necesidades formativas. Ademais estudará se existen diferencias entre o mundo rural e o urbano, por idades ou por factores de índole socioeconómica.

O manexo das novas tecnoloxías contribúe ao empoderamento das mulleres, sobre todo nas zonas do rural, tal e como defendeu Lorenzana ante o último pleno do Consello Galego das Mulleres, no que incidiu en que a fenda de xénero segue presente, a pesares de que o acceso á tecnoloxía resulta cada vez máis doado.

Coñecer a realidade das mulleres fronte ás tecnoloxías para deseñar unha folla de ruta que atenda ás súas necesidades de capacitación e coñecementos é o obxecto do estudo que a Consellería de Emprego e Igualdade encomendou ao Consello Galego das Mulleres.

A Xunta xa ven traballando, no marco da Unidade Muller e Ciencia, en situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica e tecnolóxica, con iniciativas que dan coñecer o papel de destacadas referentes nestes ámbitos como o Premio María Josefa Wonenburger ou iniciativas que promoven o encontro entre profesionais das TIC co alumnado galego como Nin+Nin-.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS