main content

main content
08/08/201608:08
Emprego TIC
Santiago de Compostela

As empresas galegas demandarán máis de 2.900 novos perfís dixitais no período 2016-2018

  • O 54% destes profesionais serán demandados por empresas do sector TIC e o 46% restante por empresas dos restantes sectores produtivos
  • Tecnoloxías móbiles, Big Data e Business Intelligence, Cloud ou eCommerce entre as especialidades máis solicitadas
  • Máis do 70% das empresas do sector tecnolóxico galego consideran difícil ou moi difícil contratar perfís tecnolóxicos adaptados ás súas necesidades

O tecido empresarial galego precisará máis de 2.900 profesionais TIC en Galicia durante o período 2016-2018. Un 54% destes perfís dixitais serán demandados por empresas do sector TIC e o 46% restante por empresas dos restantes sectores produtivos. A empresas sinalan que xa no presente ano precisarían case a metade destes perfís, arredor de 1.400 profesionais TIC especializados nas novas tendencias dixitais, para cubrir as súas necesidades.

Esta é a principal conclusión do estudo “Novos Perfís Profesionais Dixitais nas Empresas de Galicia”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información (Osimga) adscrito a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O documento achega unha visión actualizada das oportunidades laborais vinculadas aos sector tecnolóxico e ás novas profesións que están a xurdir na era dixital en Galicia.

 

Proxección de futuro do mercado dixital en Galicia
Segundo o estudo as empresas TIC prognostican unha maior demanda de perfís vinculados ao ámbito da mobilidade, Big Data e Business Intelligence, á xestión administrativa e comercial, cloud ou e-commerce, mentres que nas empresas non TIC predomina a demanda de perfís profesionais relacionados coa xestión administrativa e comercial, seguido en segundo plano por aqueles do eido da mobilidade, Big Data, e-commerce ou marketing dixital.

 

Talento Dixital en Galicia
O informe sinala que a oferta de profesionais dixitais en Galicia non está a medrar ao mesmo ritmo que a demanda, tal e como se desprende da evolución do número de matriculados en carreiras do ámbito STEM (científico, tecnolóxico, en enxeñarías e matemáticas), que pasou de 5.750 en 2010 a 5.177 en 2015 (o 9,2% do total de alumnos/ as matriculados no Sistema Universitario Galego), como do número de titulados no ámbito STEM, que pasou de 776 en 2010 a 753 en 2014.

Como se desprende do “Estudio de Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos, en Enxeñarías e Matemáticos en Galicia”, elaborado recentemente pola consultora multinacional everis an NTT DATA Company en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), o interese da xuventude por os estudos no ámbito STEM ten unha vertente vocacional posto que en Galicia temos unha media dun 50% de alumnos matriculados en Bacharelato na rama científico-tecnolóxica e, aínda que estes datos se poden considerar positivos e alentadores, o certo é, que a maioría deses alumnos non chega a matricularse nunha carreira do ámbito científico-tecnolóxico. De feito, tan só un 7,5% dos titulados universitarios galegos correspóndese ao ámbito STEM.

O estudo pon de manifesto as dificultades que as empresas galegas experimentan á hora de encontrar profesionais TIC cos coñecementos e experiencia de interese para a súa organización. As empresas do Sector TIC galego son as que maiores problemas declaran, para máis do 70% delas resulta difícil ou moi difícil atopar perfís adecuados.

Os principais obstáculos sinalados polas empresas á hora de encontrar o persoal TIC axeitado son o descoñecemento en aplicacións, ferramentas e tecnoloxías de interese para a empresa; e a carencia de candidatos con experiencia na actividade sectorial que desenvolven. Ademais, a metade das empresas do sector TIC considera que existe unha carencia de candidatos formados en Galicia.

 

Tendencias dixitais e novos perfís profesionais
A elaboración deste estudo enmárcanse no establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020, liderada pola Amtega, que asume entre os seus desafíos dar o paso da competencia ao talento TIC, coa finalidade de aumentar a capacidade produtiva das empresas a través de profesionais TIC que respondan ás necesidades tecnolóxicas actuais e futuras.

O progreso das tecnoloxías dixitais está cambiando a forma de deseñar, producir, comercializar e xerar valor a partir de produtos e servizos relacionados, abordar a transformación dixital é factor esencial para garantir un mellor posicionamento competitivo a medio e longo prazo. E neste contexto, espérase que a demanda de profesionais TIC aumente con gran rapidez nos próximos anos, tanto no sector TIC coma no resto de sectores.

Así, o Estudo identifica dous grandes ámbitos da economía dixital que se están a demandar e que se prevé vaian a solicitarse nos próximos anos novos perfís profesionais dixitais:

  • Tecnoloxías Innovadoras en áreas temáticas como: Internet das Cousas, mobilidade, Cloud, Big Data e Ciberseguridade.
  • Estratexia e Xestión de Negocio Dixital na Empresa en áreas temáticas como: social media, marketing e comunicación dixital, desenvolvemento de negocio, e-comercio ou creación e xestión de contidos dixitais.

 

Ligazón ao estudo.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS