main content

main content
05/02/202113:02
A conselleira de Política Social, Fabiola García.
Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia e a Fundación "la Caixa" poñen en marcha obradoiros en liña gratuítos para as persoas maiores

  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o subdirector xeral da entidade, Marc Simón, presentaron hoxe esta nova iniciativa
  • Fabiola García subliña o valor das novas tecnoloxías na situación actual de pandemia para dar aos maiores a oportunidade de seguir aprendendo, manterse activos e relacionarse
  • O programa contempla actividades centradas no mantemento da saúde, o fomento do desenvolvemento persoal, a mellora das competencias dixitais e a promoción da lectura
  • O prazo de inscrición é do 15 ao 19 de febreiro, a través do número de teléfono 900 293 716

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta mañá a importancia que ten no actual contexto de pandemia aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías para que as persoas maiores teñan a oportunidade de seguir aprendendo, manterse activas e relacionarse. Así o sinalou na presentación da nova programación de obradoiros virtuais en liña para este colectivo que impulsan a Xunta de Galicia e a Fundación "la Caixa", na que tamén participou o subdirector xeral da entidade, Marc Simón.

Fabiola García explicou que esta iniciativa busca axudar aos maiores, que son os que están a pasar unha inquedanza maior, a manter o optimismo e a seguir amosándolles que a sociedade galega está ao seu carón. Neste caso, a programación está aberta a todas as persoas maiores de 60 anos, estivesen ou non a participar nas actividades presenciais que habitualmente se programan nos centros. Todos os obradoiros son, ademais, gratuítos.

A conselleira apuntou que un dos obxectivos desta proposta é axudar a que os nosos maiores manteñan o seu benestar físico e emocional nun momento tan complicado como o que estamos a vivir. Ante unha situación que se está a prolongar máis do que debería, sinalou a titular de Política Social, todos temos que adaptarnos e desenvolver novas iniciativas que nos permitan superar as limitacións que impón a pandemia e lograr que os maiores se sintan acompañados.

Actividades

O programa inclúe actividades centradas no mantemento e mellora da saúde, o fomento do desenvolvemento persoal, a mellora das competencias dixitais e a promoción da lectura. O período de inscrición estará aberto do 15 ao 19 de febreiro, cunha solicitude máxima de tres itinerarios por trimestre e por persoa; e prevese que os obradoiros comecen a partir do vindeiro mes de marzo.

Os únicos requisitos para anotarse é contar cun dispositivo electrónico que teña conexión a internet e cámara incorporada, e unha dirección de correo electrónico. As inscricións realizaranse a través do número de teléfono 900 293 716, de luns a venres, de 10 a 18 horas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS