main content

main content
18/11/202011:11
 O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou esta mañá na inauguración da Galicia Maker Faire 2020.
Santiago de Compostela

A Xunta defende o impulso da dixitalización, a economía verde e o talento para construír en Galicia unha economía de maior valor engadido

  • O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou esta mañá na inauguración da Galicia Maker Faire 2020
  • Lembra o compromiso do Goberno galego coa innovación, que é a base dos proxectos presentados aos fondos europeos e que teñen como obxectivo a modernización do tecido industrial e dos servizos públicos
     

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, defendeu esta mañá, na inauguración da Maker Faire Galicia 2020, o impulso da dixitalización, a economía verde e o talento para poder construír na Comunidade unha economía de maior valor engadido:

“O talento é o motor de toda a transformación que temos por diante e se algo hai nesta Maker Faire é, precisamente, talento”, asegurou.

Conde destacou que esta nova edición do evento, que se desenvolverá 100% en liña, supón un reto de organización e unha mostra do compromiso de Galicia coa dixitalización e a aposta polas novas tecnoloxías como ferramenta para a creación de solucións innovadoras e como alternativa á presencialidade.

O vicepresidente explicou que a feira porá de manifesto ata onde pode chegar a creatividade tecnolóxica en eidos como a industria 4.0, a mobilidade, a alimentación e a saúde, ou a enerxía e a economía circular. Á súa vez, é unha oportunidade para que se dea cita o emprendemento galego a través das aceleradoras e startups das Business Factory Auto e Aero, así como o mundo da investigación.

Conde defendeu o fomento da innovación como eixe transversal e o compromiso do Goberno galego co impulso dunha Galicia máis innovadora, verde e social de cara a 2030 para o que os fondos europeos de recuperación serán unha gran oportunidade. Neste sentido, a Xunta xa trasladou ao Goberno de España os primeiros 108 proxectos deseñados da man do tecido produtivo que teñen como base a innovación e como obxectivo a modernización da industria galega e dos servizos públicos.

“O elemento vertebrador da candidatura que presentamos aos fondos é a cooperación público-privada. Debemos identificar proxectos que impulsen a transformación, creen riqueza e emprego e acheguen resiliencia económica e social”, afirmou Conde, que convidou aos participantes a colaborar na identificación de novas iniciativas que se poidan sumar á candidatura galega.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS