main content

main content
14/10/202017:10
Foro Galicia TIC 2020.
Santiago de Compostela

A directora da Amtega destaca a importancia de acadar acordos para que os fondos europeos destinados á dixitalización financien proxectos realmente transformadores

  • Mar Pereira inaugurou hoxe o Foro Galicia TIC 2020 facendo foco nos retos que temos por diante para afrontar a transformación dixital na realidade postcovid
  • Subliñou a necesidade de impulsar proxectos de dixitalización interesantes e diferenciais para captar e reter talento na Comunidade e poder contar con perfiles capaces de liderar o cambio
     

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe o Foro Galicia TIC 2020 diferenciando entre a rápida absorción da tecnoloxía que implicou a crise sanitaria da covid-19 e os cambios profundos que esixe a transformación tecnolóxica que marcará a nova década 2020-2030 e que era xa un reto antes da chega da pandemia.

Neste sentido, a responsable da Axencia pública ve positivos as barreiras e os prexuízos que se derribaron no uso da tecnoloxía a raíz da Covid-19 pero lembrou que eses avances non consolidan unha economía dixital nin os cambios máis profundos vinculados á mesma e que xa figuraban na axenda europea antes da crise sanitaria. Mar Pereira destacou a importancia de acadar acordos para que os fondos anunciados por Europa para a recuperación, cunha parte importante destinada a dixitalización, se destinen ao financiamento de iniciativas que permitan facer cousas “realmente útiles”.

A directora da Amtega subliñou, ademais, o papel tractor das administracións públicas para arrastrar a outros sectores no proceso de dixitalización así como a capacidade do sector tecnolóxico galego, ao que cualificou como “un sector de éxito” nun contexto global difícil. E recalcou a necesidade de sumar esforzos para afrontar unha auténtica transformación dixital porque “nos xogamos a capacidade de Galicia para competir como rexión neste contexto dixital”.

Aproveitou, tamén, para agradecer a operadores e empresas tecnolóxicas a súa colaboración para poder manter os servizos públicos dixitais nos momentos iniciais da crise cando se requiría unha resposta inmediata e masiva para atender sectores especialmente críticos como a sanidade ou a educación.

Por último, a responsable da Axencia autonómica fixo foco na necesidade de captar e reter talento na Comunidade para poder contar con perfiles especializados que poidan liderar o cambio. Para iso, incidiu, é clave impulsar proxectos especializados e atractivos que permitan ás empresas crecer.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS