main content

main content
10/10/202013:10
Inauguración do XGN R Encounter.
Silleda

A Xunta destaca o papel da tecnoloxía nas relacións interpersoais e profesionais durante os meses de confinamento

  • O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participaron hoxe da inauguración do XGN R Encounter
  • Máis de 600 persoas están inscritas nesta vixésima edición, que será por vez primeira online e que estará formada por máis de 50 actividades lúdicas e formativas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, destacaron o papel da tecnoloxía nas relacións interpersoais e profesionais durante os meses de confinamento e a pandemia provocada pola covid-19. Fixérono durante a inauguración da lanparty XGN R Encounter que se celebra esta fin de semana na Feira Internacional de Galicia de Silleda.

Fabiola García sinalou que as vantaxes tecnolóxicas permitiron manter este evento que, por vez primeira, se celebrará de xeito online. Máis de 600 persoas xa están inscritas e participarán desde as súas casas nas máis de 50 actividades lúdicas e formativas que conformarán esta cita, “unha oportunidade para homenaxear ese papel fundamental que xogou a tecnoloxía nas nosas vidas durante os últimos meses”, sinalou a conselleira. Durante a fin de semana seguirán activas as inscricións, polo que o número de participantes podería chegar a cubrir o milleiro de prazas dispoñibles.

Xogos, competicións e charlas

Nesta edición número 20, ademais de xogos e competicións en arte dixital como curtametraxes, fotografía ou música, realizaranse charlas formativas sobre a intelixencia artificial e a programación.

Outra das novidades será un programa de televisión con invitados do mundo dixital presentado polos coñecidos streamers Mery Soldier e Alexshow a través dunha plataforma dixital que estará aberta ao público e que permitirá a milleiros de persoas, ademais dos inscritos, conectarse desde calquera punto a esta party informática.

O recinto feiral albergará o plató desde o que se emitirá este programa de televisión e tamén o centro operativo desde o que os organizadores do evento controlan as distintas actividades. Nestas instalacións aplicaranse tódalas medidas de prevención necesarias fronte á covid-19.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS