A convocatoria dos Premios Uninnova ten como obxectivo fomentar e apoiar aos innovadores sociais, a nivel nacional, que xeran proxectos en materia de accesibilidade para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade. Nesta convocatoria poden participar todas aquelas persoas pertencentes á comunidade universitaria, ademais de emprendedores con ideas novas.
Todos os proxectos presentados deben ter como obxectivo a mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade. Pero ademais valoraranse aspectos como o grao de innovación da idea, a participación do ideador na plataforma, a viabilidade, sustentabilidade e alcance do proxecto.