Desde 2015, ICC Week (a Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense), é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: o labor é principalmente poñer en valor sectores como o Audiovisual, (Cinema e Tv), a Industria Musical, Radio, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Videoxogos e sectores onde a creatividade é un activo e forma parte principal. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebran un programa repleto de actividades que poñen en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século 21. Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que atoparán na provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados.