O obradoiro para nen@s de iniciación ao Arduino e a robótica é unha forma práctica e divertida de coñecer Arduino e as posibilidades que ofrece.
Os próximos sábados 4 e 11 de xullo de 10:30 a 13:30 no local da Asociación, Praza do Hospital 14, As Pontes e durante 6 horas, os nenos aprenderán a programar en Arduino, a desenvolver os seus primeiros programas e proxectos, entre eles fabricarán robots peleones e elementos dunha cidade intelixente..
A idade para participar no taller é de 6 a 12 anos. Cada neno terá á súa disposición un equipo informático así como todo o material para realizar os proxectos. Se algún quere usar o seu propio computador pode traelo.
A actividade é gratuita para os fillos dos socios de Amigus Labs e ten un prezo de 10€ para os non socios.