main content

main content
23/11/201816:11
Inauguración da Maker Faire 2018.
Santiago de Compostela

Robótica, deseño, impresión 3D e realidade virtual protagonizan a xornada inaugural da Maker Faire Galicia

A cuarta edición da Maker Faire Galicia comezou hoxe na Cidade da Cultura cunha xornada dedicada ao sector profesional, onde destacaron proxectos que apostan polo novo modelo da Industria 4.0. No Museo Centro Gaiás exhibíronse aplicacións da robótica á arte, impresoras 3D xigantes capaces de fabricar mobles ou plataformas de realidade virtual con múltiples usos en psicoloxía, formación ou recursos humanos.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, participaron na inauguración da xornada, nun acto no que tamén estiveron a concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois, o director de APD Zona Noroeste, Santiago Sesto, o coordinador do Campus A Coruña de IESIDE, José Luis Cabarcos e Matilde Rodríguez, co-organizadora da Maker Faire Galicia.

O conselleiro apuntou que están chamadas a ser as impulsoras da cuarta revolución industrial as empresas innovadoras e as persoas con talento, que son as protagonistas de Maker Faire Galicia, un encontro que cumpre catro edicións consolidándose como unha das principais feiras de España e Europa nesta categoría e que durante os vindeiros días converterá a Cidade da Cultura nun escaparate mundial de creatividade e innovación, e un lugar aberto a todos os públicos onde compartir experiencias e coñecementos.

Pola súa banda, a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, destacou o apoio á Maker Faire Galicia como parte da aposta por converter o Gaiás nunha factoría de proxectos para dinamizar o tecido cultural e económico galego. Eventos como a Maker Faire estimulan actitudes creativas entre público de todas as idades, asegurou, e precisamente por iso encaixa coa estratexia da Cidade da Cultura e da Xunta de apoiar o emprendemento, a innovación tecnolóxica e a creatividade.

A primeira mostra do talento innovador que se dará cita na Maker Faire Galicia puido verse xa na xornada profesional, coas presentacións dos 10 proxectos de makers, na súa maioría galegos, que deron a coñecer as súas creacións ante un xurado profesional. PsicoVR, Glassear e RovLab foron os proxectos premiados neste día.

PsicoVR é un software para gafas de realidade virtual pensado para ser empregado por psicólogos no tratamento de fobias, ansiedade, estrés ou patoloxías asociadas. A empresa tamén desenvolve escenarios de realidade virtual con aplicación en campos como a prevención de riscos e recursos humanos. Tamén do ámbito da realidade virtual é o proxecto Glassear, creado por Bruno Noya, un mozo de tan só 17 anos que fabricou un dispositivo de baixo custo que permite experimentar experiencias holográficas en tempo real, sen mareos, emprengado un smart phone.

Por outra parte, RovLab é unha plataforma robótica submarina que grazas a tecnoloxías IoT (Internet das cousas) permite controlar e asignar tarefas remotamente a drons submarinos. Esta plataforma tería múltiples aplicacións, como a vixilancia e rastrexo de zonas marítimas ou a toma de mostras de contaminantes, concentracións de dióxido de carbono e outras substancias nas augas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS