main content

main content
09/05/201816:05
Xornada “Dixitalización da Empresa Galega. Onde nos atopamos e cara onde imos?
Santiago de Compostela

Mar Pereira destaca entre as prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020 as iniciativas innovadoras en sectores estratéxicos da economía

  • A ADG está a desenvolver plans para impulsar Galicia como destino turístico intelixente, mellorar a accesibilidade do patrimonio cultural galego ou modernizar sectores agrario e da pesca
  • A directora da Amtega clausurou hoxe a Xornada “Dixitalización da Empresa Galega. Onde nos atopamos e cara onde imos?"

 

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou como obxectivos principais da Axenda Dixital de Galicia 2020 consolidar a dixitalización dos servizos públicos, dinamizar a economía e promover a inclusión dixital da sociedade nun clima de confianza no uso dos servizos dixitais. A responsable autonómica clausurou hoxe a Xornada Dixitalización da Empresa Galega. Onde nos atopamos e cara onde imos?", organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

A directora sinalou que no actual contexto de transformación dixital a ADG 2020 busca conseguir que as empresas integren a tecnoloxía nas decisións estratéxicas e operativas de negocio e tamén desenvolve iniciativas tecnolóxicas e innovadoras en sectores chave da economía galega. Neste sentido, destacou os plans como o Smart Turismo, orientado a impulsar Galicia como destino turístico intelixente, a Memoria Dixital para mellorar a accesibilidade e a conservación do patrimonio cultural galego, o Primare para promover a modernización de sectores como o agrario ou o da pesca ou o Dico Mindset para favorecer innovación e a competitividade non ámbito dos contidos dixitais.

 

Servizos dixitais nun clima de confianza

Por outra banda, Pereira lembrou que se está a traballar nun novo modelo de relación da cidadanía coa administración pública, máis áxil e máis proactivo. Para que estes avances sexan inclusivos, lembrou que se puxo en marcha un Plan en colaboración con máis de 700 aliados dixitais para facilitar a todo o mundo as habilidades dixitais necesarias no contexto dixital actual.

Por último, destacou que dinamizar o uso os servizos dixitais require da confianza dos usuarios. Na Administración autonómica leva anos traballando para reforzar este ámbito, cun Plan de Seguridade, que agora adapta ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), que entra en vigor o 25 de maio).

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS