main content

main content
13/03/201814:03
Logo CODIX.
Santiago de Compostela

A Amtega convoca máis de 600 prazas para as probas de certificación galega de competencias dixitais en ofimática

  • Os exames presenciais celebraranse os días 25, 26 e 27 de abril nas aulas CeMIT de 44 concellos de toda Galicia
  • Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 600 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice

O DOG de hoxe publica as datas das probas que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de abril en diversas quendas de mañá e tarde que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 44 concellos, que suman un total de 612 prazas dispoñibles:

Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña-Eiris, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, Porto do Son, Ribeira, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Vimianzo, Barreiros, Burela, Carballedo, A Fonsagrada, Lugo, Ribadeo, Sarria, O Vicedo, Bande, O Barco, Castro Caldelas, Celanova, Leiro, Ourense, Xunqueira Ambía, Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A inscrición poderá realizarse ben a través de internet desde o día seguinte o da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.

 

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compeñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo.

 

Máis de 1.500 prazas convocadas neste ano 2018

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2018, que terá a súa continuación no segundo semestre deste ano con dúas novas oportunidades para obter esta certificación: un curso de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais na modalidade autoformativa

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 6.100 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (1.750 en cursos de teleformación titorizada e 4.364 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 2.400 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

Icono PDFAnuncio da convocatoria

 

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 15, 16 e 17 de novembro de acordo co seguinte calendario:

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Cerceda

Coruña, A

Mércores, 25 abril

10:00

8

Coruña, A - Eiris

Coruña, A

Mércores, 25 abril

10:00

16

Oroso

Coruña, A

Mércores, 25 abril

10:00

15

Santiago de Comp

Coruña, A

Mércores, 25 abril

10:00

25

Sarria

Lugo

Mércores, 25 abril

10:00

18

Ourense

Ourense

Mércores, 25 abril

10:00

18

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 25 abril

10:00

11

Estrada, A

Pontevedra

Mércores, 25 abril

10:00

12

Moaña

Pontevedra

Mércores, 25 abril

10:00

9

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 25 abril

10:00

25

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 25 abril

10:00

8

Vilagarcía

Pontevedra

Mércores, 25 abril

10:00

18

 

 

 

 

 

         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Abegondo

Coruña, A

Xoves, 26 abril

10:00

15

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 26 abril

10:00

10

Lugo

Lugo

Xoves, 26 abril

10:00

12

Ribadeo

Lugo

Xoves, 26 abril

10:00

14

Ourense

Ourense

Xoves, 26 abril

10:00

18

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 26 abril

10:00

8

Lalín

Pontevedra

Xoves, 26 abril

10:00

18

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 26 abril

10:00

25

Vigo

Pontevedra

Xoves, 26 abril

10:00

14

 

 

 

 

 

         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Coruña, A - Eiris

Coruña, A

Xoves, 26 abril

16:00

16

Arzúa

Coruña, A

Xoves, 26 abril

16:00

17

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 26 abril

16:00

20

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 26 abril

16:00

11

Pontes, As

Coruña, A

Xoves, 26 abril

16:00

18

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 26 abril

16:00

11

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 26 abril

16:00

18

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 26 abril

16:00

5

Castro Caldelas

Ourense

Xoves, 26 abril

16:00

12

Leiro

Ourense

Xoves, 26 abril

16:00

6

Xunqueira Ambía

Ourense

Xoves, 26 abril

16:00

8

Ponteareas

Pontevedra

Xoves, 26 abril

16:00

10

Porriño, O

Pontevedra

Xoves, 26 abril

16:00

9

 

 

 

 

 

         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Venres, 27 abril

10:00

12

Boiro

Coruña, A

Venres, 27 abril

10:00

10

Brión

Coruña, A

Venres, 27 abril

10:00

10

Fisterra

Coruña, A

Venres, 27 abril

10:00

8

Vimianzo

Coruña, A

Venres, 27 abril

10:00

10

Barreiros

Lugo

Venres, 27 abril

10:00

12

Burela

Lugo

Venres, 27 abril

10:00

10

Carballedo

Lugo

Venres, 27 abril

10:00

7

Fonsagrada, A

Lugo

Venres, 27 abril

10:00

8

Bande

Ourense

Venres, 27 abril

10:00

10

Celanova

Ourense

Venres, 27 abril

10:00

11

Marín

Pontevedra

Venres, 27 abril

10:00

15

Valga

Pontevedra

Venres, 27 abril

10:00

11

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS