O Lar de Endesa acolleu esta fin de semana unha nova xornada e divulgación ao abeiro das Fab Lab das Pontes, organizadas pola asociación local Amigus. Nesta nova cita, novamente, argalleiros de todas as idades interactuaron arredor dalgunhas das tecnoloxías específicas máis decididamente Maker. Cousas como impresoras en 3D, placas de hardware e software libre (Arduino e Raspberry Pi) ou ferramentas como por exemplo Tinkercard, que un software de balde creador por Autodesk (referente en programas para deseñar en 3D) co obxectivo de ser empregado ao máximo por profesionais do eido pero tamén por seareiros, educadores e crianzas. Na cita desta finde no Lar de Endesa, Tinkercard foi empregado para deseñar primeiros prototipos de xoguetes e trebellos.
Segundo nos conta a organización, a ultima hora da maña máis de 50 rapaces e rapazas dos equipos de rugby dos clubs Fendetestas, Rugby Ferrol e Muralla Rugby Club de Lugo, visitaron o Fab Lab, interesándose polas posibilidades e funcionamento das impresoras 3D, o uso do Arduino e Raspberry Pi nos proxectos que se realizan ao abeiro dos Amigus Labs, e as posibilidades de transferencia aos seus proxectos persoais.
Ademais, a arcade coas recreativas feitas en anteriores Amigus Labs volveu a ter a visita de curiosos e xogadores cos clásicos de 8 e 16 bits.
Xa pola tarde os participantes puxéronse “ao choio” co proxecto colectivo de dar forma definitiva a unha fresadora (proxecto iniciado nas xeiras de traballo previas), mellorando a súa estrutura e avanzando na súa consecución. Ademais, completáronse os proxectos de reloxos dixitais que estaban en desenvolvemento, probáronse distintos tipos de estruturas para caixas LED e puxéronse en riba da mesa diferentes propostas para o deseño dunha cúpula xeodésica.
Desde Amigus Labs agradecen a participación e implicación das seguintes entidades: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter e ao Grupo de Empresa de Endesa.