main content

main content
26/09/201708:09
Amigus Labs.
As Pontes

As Pontes ferveu de espírito Maker da man dos novos Amigus Labs

Finalmente a vertente máis creativa das tecnoloxías, e tamén a vertente máis tecnolóxica da creatividade, foron as protagonistas do novo laboratorio convocado en As Pontes pola asociación Amigus, ao abeiro das súas actividades Amigus Labs. A cita do pasado sábado 23 de setembro, que foi de balde, desenvolveuse no Mercado Vello a xeito de obradoiro Makerno que interactuou e colaborou xente de todas as idades, facéndose especial fincapé en atraer aos máis pequenos de cada casa. 

En canto á temática, dicir que foi ben variada: drones, realidade virtual, obradoiros sobre robótica, programación, impresión 3D, radio control videoxogos, equipos de fabricación de kits electrónicos, imaxe e son estiveron presentes nesta exposición, amais da opción de pilotar vehículos aéreos non tripulados ou de viaxar a mundos virtuais. Asemade, achegouse un recanto onde se exhibiron algunhas creacións materializadas ao longo dos últimos anos ao abeiro de Amigus Labs. 

Nun plano máis detallado, traballouse nos seguintes:

  • fabricación dixital (exposición de máquinas de fabricación dixital; isto é, impresoras 3D, CNC, fresadoras e exemplos de ferramentas construídas en Amigus Labs e materiais empregados)
  • xogos retro (máquinas recreativas feitas por usuarios dos obradoiros deseñadas e programadas in situ)
  • Minecraft (o senlleiro xogo de Minecraft, hackeado vía Scratch, co que as crianzas puideron xerar cadanseu mundo virtual e manipulalo vía programación)
  • drons e radio control (exposición de drones e vehículos teledirixidos, incluíndo simuladores de voo para que os asistentes tiveran ocasión de aprender a manexar vehículos aéreos non tripulados)
  • laboratorio sonoro (oportunidade para introducirnos nas novas tecnoloxías aplicadas á creación musical)
  • Escornabots (introdución teórico-práctica ao proxecto Escornabot: robot educativo aberto para iniciar aos nenos e nenas máis pequenos no eido da robótica e da programación)
  • robótica Lego (construción, programación e control de robots Lego ensamblados in situ)
  • experimentos Arduino (amosando diferentes proxectos creados con Arduino, a placa libre de creación tecnolóxica e robótica)
  • e unha achega en primeira persoa á realidade virtual.

Este encontro do que estamos a falar levouse a cabo grazas ao apoio da Asociación Informática Amigus, de Amigus Labs, Merca Nas Pontes, o Concello das Pontes, a OMIX local, a Concellería de Cultura, COHEMPO, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital ou Triade, entre outras entidades. 

Pechamos a nova anunciando que Amigus Labs xa están a traballar noutro evento (o sábado 14 de outubro) sobre a Industria 4.0.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS