Na súa última actualización das opcións de accesibilidade, a compañía estadounidense incorporou a opción de copiloto en Xbox One, o que permite que unha persoa con discapacidade poida xogar á consola coa axuda doutro usuario.
Así, por exemplo, unha persoa con mobilidade reducida e que só poida presionar un botón, poderá xogar aos videoxogos utilizando este modo contando coa axuda dun amigo ou familiar que será quen se encargue do resto de botóns.
Tamén é posible que unha persoa con discapacidade utilice os dous mandos, por exemplo un co queixo para mover unha panca e outro cun pé ou unha man.
Para activar esta opción, basta con ir ás opcións de configuración e no apartado de accesibilidade seleccionar os axustes do mando e aí pódese activar a función ‘Copilot'.
Ademais, Microsoft previu algúns xogos que están especialmente deseñados para utilizarse coa función de copiloto, como son The Bug Butcher, Snake Pass ou Sky Force Anniversary.